30 dic 2024

BIBLIOLAB: ZAPATOS E ZOCOS

No mes de decembro, as actividades que se desenvolveron na BiblioLab tiveron como eixo temático os zapatos e os zocos e os oficios de “Zapateir@s e Zoqueir@s”.

QUE VAI NOS PÉS

Emparellamos calcetíns e atamos os cordóns.

SOMOS ZOQUEIRAS

Ordenar as imaxes para facer zocos como a zoqueira Elena Ferro. Rodeamos os utensilios que utiliza a zoqueira e tamén os escribimos.

CALZADO NO MUNDO

Reto de lóxica. A partir de diferentes pistas relacionamos a orixe, curiosidades e o calzado do mundo.

XOGOS DE ZAPATOS

Bingo zapa- zoqueiro: marcamos as palabras que aparecen na tarxeta ao xirar a ruleta.

Xogo de cuncas e zapatos: identificar o patrón e reproducilo no menor tempo posible.

ROBÓTICA

Xogo de asociar parellas de imaxes relacionadas cos instrumentos da zoqueira e a acción que desenvolven no taboleiro.

DETECTIVES PÉS DESCALZOS

Xogos de busca: buscamos os zapatos que indican as tarxetas.

Sopa de letras: as partes do zoco.

Mensaxes secreta: adiviñamos a mensaxe seguindo o código.

MUNDO MANDALA

Colorear mandalas relacionados cos zapateiros e zapateiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario