No mes de outubro tivo lugar no Museo Marco a presentación do libro "A fotógrafa Perpetua", Ed. Xerais, da artista, cineasta e mestra Olaia Sendón e do proxecto "Perpetuando" que vai por en marcha con Mar Caldas.
Un proxecto sobre a historia da
fotografía con perspectiva de xénero.
Este libro é un álbum de fotos no que
se conta a vida dunha fotógrafa galega, Perpetua, pero tamén hai algo máis, en
todas as súas imaxes hai un segredo agochado.
As mestras de 2º de Primaria
acercáronse para que nos firmase o libro que temos na nosa Biblioteca e que
están traballando neste curso, e convidalas a visitarnos e contarlles ás
nenas e nenos como xurdiu este marabilloso conto.
Tamén lle fixemos entrega dos debuxos
que fixo o alumnado sobre o libro “A crebeira Marabillas” da mesma autora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario