UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS é o lema que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades propón ás Bibliotecas Escolares Galegas para este curso 2023/2024, quere poñer o foco en todas as posibilidades que a banda deseñada ofrece tanto no goce da lectura como na aprendizaxe curricular.
A imaxe que interpreta este lema proposto para este
curso é a obra de Jorge Campos ilustrador, arquitecto e artista do cómic. Un convite a pasear polas viñetas das nosas
bibliotecas escolares e a xogar coas cubertas que van da man da Comunidade Educativa.
Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario