Continuamos coas xuntanzas do Club de Lectura, nesta ocasión, para conversar e compartir as nosas experiencias lectoras con “Palabras de Caramelo”, de Gonzalo Moure.
Unha lectura que nos presenta a relación
de amizade entre Kori, un neno saharaui xordomudo de oito anos, e un camelo,
Caramelo.
Unha historia que nos permitiu
achegarnos ao pobo Saharaui e á vida dos
campamentos de refuxiados aos que Gonzalo Moure viaxa varias veces e colabora a
través do proxecto Bubisher.
Visualizamos un trailer curto e
escribimos un acróstico coa palabra Caramelo.
A todos e todas encantounos este libro!!!
Unhas boliñas de chocolate fixeron máis doce a nosa reunión!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario