O 7 de xuño, PAULA CARBALLEIRA compartiu un ratiño do seu tempo co alumnado de 3º, para falar do seu libro “Pan con chocolate”, unha homenaxe ao escritor, mestre e pedagogo italiano Gianni Rodari.
Un libro para xogar e pensar, con contos, poemas, cancións, diálogos,…cheo de fantasía e mil historias.
Nunha sesión moi dinámica, chea de ritmo e maxia, Paula, transportounos ao mundo da imaxinación, contándonos que ten moito en común con Gianni, aos dous gústalles escribir, as bruxas, viaxar, os gatos e… o pan con chocolate!!!
Houbo momentos para facerlle preguntas e rematou asinando os exemplares do alumnado e no libro de visitas. Moitas grazas Paula!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario