As aulas de 5º de Primaria traballaron sobre o Camiño da Prata con varias actividades que coincidiron no tempo e que buscaban abordar un coñecemento amplo sobre o noso patrimonio histórico e cultural.
Investigaron sobre algúns Concellos situados na Vía da
Prata: situación xeográfica, datos demográficos, relevo, clima, gastronomía,...
Paralelamente a esta actividade, por grupos, escribíronlle a oficina de correos do Concello sobre o que investigaron unha carta na que lle pedían que lle puxesen un mataselos sobre o Camiño e lle devolvesen a carta. O reto foi todo un éxito posto que case conseguiron todas as cartas. Ademais, como mostra de agradecemento os nenos e nenas realizaron unhas postais sobre Vigo que enviaron xunto coa carta.
E recolleron nun vídeo resumo os traballos que realizaron sobre os Valores que fomenta o Camiño de Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario