Hoxe iniciaron o seu camiño as Mochilas Viaxeiras.
Son un vínculo entre
a familia e a biblioteca, proporcionando a oportunidade de facer lecturas compartidas e
conversas sobre os libros
ademais de reforzar o labor común na formación de lectores e lectoras máis
novos.
Van acompañados dunha Carta na que se explica o seu funcionamento e o listado do material e un Caderno Viaxeiro, espazo en branco para que aportedes as vosas impresións, suxerencias, debuxos e comentarios que vos xurdan ao redor dos documentos que vos emprestamos.
Boas Lecturas e Bo Camiño!!!!!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario