9 feb 2021

CITA A CEGAS CUN LIBRO

Do 8 ao 12 de febreiro celebramos na biblioteca o amor pola lectura tendo unha CITA A CEGAS CUN LIBRO.

ATRÉVESTE???

Este curso por mor da pandemia e, para cumprir os protocolos, facemos a actividade a nivel de clase.

Cada aula recibe un paquete. Os libros están envoltos en papel de periódico e con corazóns. Non teñen nin título, nin autor/autora, nin imaxes, nin pistas,... para que non poidas saber que hai no seu interior: aventuras, misterio,...

Un xogo moi sinxelo e entretido…

Só tes que escoller un dos libros “sorpresa”, deixarte seducir e descubrirás historias que te namorarán.

Ó chegar a túa casa, abre o papel e…

Sorpresa!!!!!

Será amor a primeira páxina!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario