26 may 2020

15 ANOS DE LIX GALEGA


Bibliotecas Escolares publica a guía 15 anos de LIX Galega na que se recolle unha selección dos libros que tiveron unha maior presenza nas bibliotecas escolares galegas nestes primeiros quince anos do PLAMBE, que acompañaron ao alumnado galego no seu paso pola escola e polo instituto neste período e que, finalmente, teñen o recoñecemento das lectoras e dos lectores galegos.
Non están todos pero todos os que están son referentes de lectura e forman parte do imaxinario do lector e da lectora que foi medrando xunto coa rede de bibliotecas escolares galegas.

Son títulos que tiveron recoñecemento a nivel galego, a nivel estatal e a nivel internacional. 

GUÍA 15 anos de Lix Galega

DÍPTICO

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

No hay comentarios:

Publicar un comentario