Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro
e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía
que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas, alén
doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da
sociedade.
Para a edición de
2020 Daniel Asorey é a persoa escollida para a
redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía
de Castro, o domingo 23 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en
Santiago de Compostela. O texto será tamén lido en todos os actos
promovidos pola AELG, así como nos organizados por outras entidades que se
sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións
e centros de ensino.
O lema da proposta, Errantes polo mundo, pode desenvolverse a través de actividades que permitan ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro.

FONTE: AELG
No hay comentarios:
Publicar un comentario