Desde a Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional, en colaboración coa Secretaría Xeral de
Política Lingüística e a Dirección Xeral de Políticas Culturais (Subdirección
Xeral de Bibliotecas), da Consellería de Cultura, vense impulsando a
celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS
BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun
texto, a modo de MANIFESTO, da científica Alicia Estévez Taranzo, microbióloga, académica da RAGC e da
RAFG e premio María Josefa Wonenburger Planells (2018). A científica resalta a
importancia das bibliotecas “para que moitos dos coñecementos rigorosamente
contrastados sexan accesibles ao público”.
Desde a
Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos
dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas
as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf,
páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores
científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros
educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
o MANIFESTO DE ALICIA ESTÉVEZ
TORANZO
o FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
o MATERIAIS. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
o PINTEREST CIENCIA EN GALEGO
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
No hay comentarios:
Publicar un comentario