Este
curso chegaron á nosa escola
seis pequenos robots co propósito de
levar a cabo unha auténtica revolución. Foron quen de facelo? …atent@s
Para
comezar, fíxose unha charla para todo o profesorado que tiña como finalidade ver
qué eran estes pequenos robots, qué significaba a palabra Escornabot, que
posibilidades e emprego podíamos darlle no noso traballo, coñecer algunhas
actividades, experiencias e propostas que xa se levaban a cabo e eran unha
realidade noutros centros. Para rematar esta primeira xornada presentamos un dos pratos fortes do noso proxecto: As
Semanas Robóticas. Por agora todo un éxito, xa que todo o profesorado mostrouse
interesado e participativo.
As
semanas robóticas tiñan como obxectivo
que todo o alumnado coñecera os Escornabots e ver a implicación con eles. Para
ela organizouse un traballo en cadea coas diferentes aulas, na que os
rapaces e rapazas, explicarían uns a outros que son os Escornabots e a súa filosofía:
-Faino ti mesmo…e faino con outros, montarían os Escornabots, farían
taboleiros, poderían xogar, creación de carcasas e cada clase elixiría un nome
para os diferentes robots. Comezou o alumnado de 3ºB, e foron dende 6º aos máis
cativos de 3 anos.
Rematamos
as Semanas Robóticas cunha votación por todo o alto na biblioteca para elixir
os seis nomes definitivos, os axudantes de biblioteca tomaron rexistro,
recontaron votos e acta de todo os participantes. Polo que os nosos Escornabots
xa tiñan cadaquén o seu nome: R2D2, ALBONDIGUILLA, TERCIBOT, PUPABOT, LILI, BAT ….
Posteriormente, volvémonos xuntar todo o profesorado para coñecer os resultados da
avaliación das semanas robóticas, na que tod@s concluimos que fora todo un
éxito, todo o alumnado participou moi activamente e moi motivado, quedándolle
ganas de máis. Nesta xuntanza, o profesorado tamén puido practicar con
diferentes xogos, feitos polo equipo da biblioteca, e coñecer a ubicación que, tanto xogos como robots, terán para o seu emprego co alumnado.
E así
chegaron para quedarse os Escornabots no noso colexio. Agora todo o profesorado
e alumnado, na súa hora de asignación da Biblioteca, pode empregar e traballar
con estes pequenos robots, Escornabots, que si revolucionaron polo menos
durante unhas semanas a vida da nosa escola e que tod@s esperamos que de cara ao curso que ven sigan a conquistar aos nosos alumnos e alumnas e lles axuden a
aprender mellor, a aprender diferente, a aprender a través do xogo e as
tecnoloxías. Seguide atentos ao noso blogue!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario