Celebramos o Día da Paz cun acto colectivo. Despois do recreo e vestidos
de cor amarela, fomos ao pavillón e, colocados en círculos, cantamos e bailamos a canción
"Girasoles" de Rozalén seguindo a coreografía que prepararon na aula
de música.
Os representantes de cada clase foron colocando nuns taboeiros os
xirasois que fixeran e que contiñan
frases coa letra da canción
decoradas con caligramas, pictogramas,...
Rematamos facendo a lectura do Decálogo pola Paz.
Ao longo da semana pasada estivemos traballando e
preparando o día da paz con lecturas, fixemos murais coas pombas que pintamos, poemas,...
No hay comentarios:
Publicar un comentario