31 mar 2013

2 DE ABRIL: "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL"


 
Desde 1967, o 2 de Abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do "Día Internacional do Libro Infantil" co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís ,libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
 
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana PAT MORA e o ilustrador do cartel é o estadounidense ASHLEY  BRYAN.
 
A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder ao poema de Pat Mora.
 
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario