Nos últimos
anos estase a recuperar a mítica personaxe do Apalpador, unha personaxe que vivía nas altas montañas das serras orientais
de Galiza e que nos días do inverno baixa ás aldeas e vilas dos vales para
apalparlles a barriguiña ás meniñas e aos meniños por ver se comeran ben
durante todo o ano, achegándolles castañas e agasallos
feitos a man.
Recuperar o Apalpador é un acto
de reivindicación das nosas
tradicións e dun consumo solidario e responsable.
O
Apalpador é moi lambeteiro e se @s nen@s lle deixan un calcetín ou uns zapatos
con algo doce para axudarlle a andar toda a noite visitando todas as casas de
todos @s nen@s galegos, el entrégalles os agasallos de madeira, tea e cartón
que fixo coas súas mans no tempo de lecer do resto do ano. Ao Apalpador
gústanlle máis os xoguetes feitos á man con materiais naturais como a madeira
ou o barro, cheos de cariño e respectuosos co medio ambiente, que aqueles de
plástico, automáticos e con pilas que gastan moita enerxía e empobrecen os
nenos e nenas doutras partes do planeta.
Máis información na páxina oficial do Apalpador:
PÁXINA OFICIAL DO APALPADOR
(Preme na imaxe)
LIM
|
|
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario