O xoves 22 recibiremos a visita de
A TROPA DE TRAPO
e o seu espectáculo
e o seu espectáculo
"ANTÍA, WAMBA E O REGATO PEQUENO"
Antía é unha nena
galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo
no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo
van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía,
a súa merenda, e Wamba, as súas historias
Ao
longo do espectáculo, Wamba contaralle a Antía catro historias que falan de África e de Europa, do que
nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante,
de rir, de mirar con esperanza ao futuro… contos para bailar e cantar, para
xogar, pero tamén para sentir e pensar.
Máis
información na páxina
No hay comentarios:
Publicar un comentario