5 jun 2012

DÍA DO MEDIO AMBIENTE NO LAGARES

Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria participamos nas actividades organizadas pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo con motivo da celebración o 5 de Xuño do Día Mundial do Medio Ambiente.
Realizamos os obradoiros de:
"Recoñecemento de especies invasoras"

"Construción de niños de paxaros"

"Análise de augas"

"Reciclaxe"

Como remate colaboramos co grupo de voluntarios e voluntarias de Camiño a camiño na retirada da planta invasora “amor de home” da beira do río Lagares.


Pasámolo moi ben, aprendemos moito e o Excmo. Sr. Alcalde Don Abel Caballero prometeu invitarnos a unha chocolatada para agradecer o noso esforzo e traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario