Os idiomas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da herdanza cultural da humanidade e que, daquela, toda iniciativa que promova a súa supervivencia servirá para incentivar, ademais do pluralismo lingüístico, a diversidade cultural. Pola súa vez, a diversidade cultural enténdese como un activo para o desenvolvemento dos individuos e dos pobos. E inspirar a solidariedade baseada no entendemento,a tolerancia e o diálogo.
Esta data internacional,que se conmemora todos os 21 de febreiro dende o ano 2000, centrouse cada ano nun aspecto determinado.Nesta ocasión o tema elixido para o 2012 é "Ensino na lingua materna e o seu emprego na educación inclusiva".
(Preme na imaxe e accede á páxina web da UNESCO)
A comunidade galega, leva tres anos sumándose a esta efeméride orientada a promover a transmisión interxeracional das linguas non maioritarias co fin de fomentar o pluralismo lingüístico e, da súa man, a diversidade cultural da humanidade, aos que GALICIA contribúe coa súa lingua propia, o GALEGO.
(Preme na imaxe e accede á presentación)
No hay comentarios:
Publicar un comentario