1 dic. 2011

CULTURGAL

    Esta fin de semana celébrase no Pazo da Cultura a cuarta edición de CULTURGAL, a Feira das Industrias Culturais.
      Do venres ao domingo, en horario de 11h a 14h30 e de 16h30 a 21h30, poderedes escoller entre máis de 24 actuacións musicais en directo, máis de 20 obras de teatro, máis de 30 actividades relacionadas co mundo do libro, múltiples presentacións de proxectos tecnolóxicos e as primeiras imaxes das propostas audiovisuais que pronto chegarán aos cines galegos.
    Serán tres días intensos, cheos de propostas para todos os gustos.

     Contacontos, representacións teatrais, lecturas dramatizadas, monicreques, música, un rol en vivo, obradoiros e unha actuación de Mamá Cabra o domingo pola mañá no Auditorio do Pazo.

  Máis información na súa páxina web.

No hay comentarios:

Publicar un comentario