O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de
Galicia neste curso "Representa unha obra teatral do poema de Xohana
Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz
que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o
tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena
que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a
ilustradora e muralista Xoana Almar.
PENÉLOPE
DECLARA o oráculo:
«QUE á banda do
solpor é mar de mortos,
incerta, última
luz, non terás medo.
QUE ramos de
loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se
decide o acio.
QUE acades disas
patrias a vindima.
QUE amaine o
vento, beberás o viño.
QUE sereas
sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de xerfa polos cons.”
Así falou Penélope:
“Existe a maxia e
pode ser de todos.
¿A que tanto
novelo e tanta historia?
EU TAMÉN
NAVEGAR.»
Torres, Xohana (1992). Tempo de ría. Espiral Maior
Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as
portas a traballar o teatro en todas as súas variantes.
As nosas bibliotecas
escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co
TEATRO.
FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES