6 feb 2012

RECURSOS ENTROIDO

                Xa estamos no Entroido,época na que se poden romper as normas,cambiar de identidade,e ironizar a calquer personaxe.Pero tamén é tempo para  investigar orixes,costumes e tradicións do noso Entroido tradicional  galego.
          Nestas ligazóns atoparedes recursos e materiais diversos para traballar o tema na aula. 
  • Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización lingüística(unidades didácticas, vocabulario, xogos, actividades lim, receitas,......)
 
  • Web de Norberto(máscaras,disfraces,....)

3 feb 2012

PRESENTACIÓN DO VIDEOXOGO "VIAXE ÁS COVAS DO FOLÓN"

                      O 1 de febreiro asistimos no Verbum  á presentación do Videoxogo "Viaxe ás Covas do Folón" desenvolvido pola Concellería de Normalización Lingüística e creado polas empresas Desoños e Moonbite Games.

              "Viaxe ás covas do Folón" é un proxecto no que o Concello leva traballando moito tempo,dende o ano 2009.No ano 2010 foi presentado aos centros de ensino e realizouse un concurso para crear os personaxes do xogo,deseñados por alumn@s de 2º e 3º ciclo de Primaria.

              Catro alumnas de 6º de Primaria do noso cole,Antía,Carmen,Laura e Violeta,tiveron a oportunidade de xogar e explicar o funcionamento porque temos o xogo no noso centro dende decembro e o tema do proxecto documental deste curso é Vigo.



            O obxectivo deste proxecto é ofrecer unha ferramenta lúdica para que os alumnos do 3º ciclo de Primaria e de 1º da ESO,descubran a súa cidade a través da súa historia,do seu patrimonio e da súa lingua.

            Dinámica do xogo: o personaxe protagonista do xogo entra na máquina do tempo que atopa nas Covas do Folón,aí comenza unha viaxe a nove lugares da cidade en distintas épocas históricas.

            Os feitos históricos sucédense en orde cronolóxica:  Megalitismo,os Petroglifos,os  Castros, Romanización, Medievo, os Pazos, Reconquista, Modernismo e Actualidade.

           É un xogo en rede e o sitio web é: http://www.viaxeascovasdofolon.com/  i dará soporte a todo o proxecto.

2 feb 2012

O DÍA DA PAZ NO "SEIS"

      O  30 de Xaneiro celebramos o "Día da Paz" cun acto simbólico .
      O alumnado levou a súa "Medalla" da Paz (alusiva ao olivo de Vigo,tema do proxecto documental do centro).




  




     
                   Chegada ao pavillón.
     Por aula, colocámonos nos círculos debuxados no chan.
      Tod@s preparad@s para cantar, bailar e escenificar a canción de Juanes "Paz,paz,paz".



 A continuación algúns alumn@s de leron o Manifesto e o Decálogo para a paz.
Desexos de paz,xustiza,amor,igualdade,tolerancia,respecto aos dereitos humanos,....

Compartir,respectar aos demais,traballo en equipo,escoitar,diálogo,.....

Foi unha xornada especial e unha mostra nesta presentación.



26 ene 2012

CONTOS E CANTOS DO BARDO ABELARDO

          Hoxe recibimos a visita do contacontos Servando,que nos contou os contos de Vicentiño,o paxaro do Río Miño.

"VICENTIÑO   AS  ÁRBORES  DA  PAZ"


         A través da música do Bardo Abelardo coñecimos a historia dun paxaro que descobre que nas polas das árbores aniña a palabra PAZ,a dun carballo que naceu na bota dun soldado,un trasno que ía tirando lixo,a sacia Lubina,.........



         Esta actividade enmárcase dentro da  programación da Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

                              PASÁMOLO MOI BEN!!!!



         Deixamos unha ligazón á  Páxina web


       e a Contos Solidarios .




22 ene 2012

DÍA DA PAZ : RECURSOS

          


O día 30 de Xaneiro celebramos

o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia

en conmemoración da morte de

GANDHI.   

Nestas ligazóns  atoparedes recursos e materiais diversos para traballar o tema na aula.
  • Recompilación  da "Biblioteca Víctor Sáenz"

  • "Doslourdes" : fichas,imaxes,cancións,poemas,....
  • Recompilación de "O Recanto de Mik"
  • "Seminario Galego de Educación pola Paz"



21 ene 2012

LECTURAS PARA A PAZ

        
      
     Estas son algunhas das Lecturas que recomendamos para a Paz e que podedes atopar na Exposición que temos montada na Biblioteca.
                                       


        L  E  C  T  U  R  A  S    P  A  R  A     A    "P  A  Z"    2012
   
 "Caracol e vermiño".OQO
  " Wangari y los arboles de la paz".Ediciones Embora

"Fume".OQO
"Cuentos con valores".Parramón

"O segredo de Flora".Edicións Embora

¿Qué es la convivencia?Edebé

"A guerra dos números".OQO

"Cuando sea mayor quiero ser
Premio Nobel de la Paz".Proteus

"Valores para la convivencia".Parramón

16 ene 2012

CANCIÓN PARA A PAZ

Este ano a canción elexida para celebrar o "Día da Paz" é
"PAZ,PAZ,PAZ"  de Juanes.
 Podedes cantala coa axuda da letra e deste vídeo.



Somos la nueva semilla del futuro, de la vida
Somos los niños que cantan por la paz y la esperanza
Somos la nueva semilla del futuro, de la vida
Somos los niños que cantan por la paz y la esperanza



Dame la mano, vamos todos a soñar con la paz
Dame la mano, vamos todos a soñar con la paz


!Paz, paz, paz, paz, paz, paz, paz!
!Paz, paz, paz, paz, paz, paz, paz!


15 ene 2012

III CERTAME DE ARTE POSTAL

     O noso cole participou no III Certame de  Arte Postal ,no marco do Programa educativo “Crea na escola”, que promove a Concellería de Educación.
    O alumnado de Educación Infantil realizou  debuxos sobre o tema “O mar de Vigo”. O concurso consistía en elexir 12 postais para elaborar o Calendario do ano 2012 da Concellería.

          Unha das postais elexidas  foi a de UNAI, alumno de 3 anos de Educación Infantil.
N o r a b o a !!!!!
 Unha mostra  dos debuxos do noso cole que se presentaron.
                            Noraboa pola vosa creatividade!!!!!!




20 dic 2011

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2011

           Como xa é tradicional na nosa escola,ofrecemos polo Nadal unha escolma de libros que ben por ser novidades ou  por ter éxito entre o alumnado,poderían aparecer na nosa carta aos Reis Magos.
        Seguro que as súas maxestades compraceralles especialmente atender ás peticións de libros!!!!!!!


             POR  NADAL  AGASALLA 

                           LIBROS”


                                   DE 3  A 6 ANOS
     -QUE CHE GUSTARÍA SER?  Arianna Papini. Edit.Kalandraka             
     -A VIAXE DE OLAF. Martín León Barreto. Edit.Kalandraka.
     -CAROLA,A CARTEIRA CENTOLA. Enrique Mauricio Iglesias. Edit.Xerais.
     -XELO,O CARTEIRO XURELO. Enrique Mauricio Iglesias. Edit.Xerais.


                                   DE 6 A 8 ANOS
     -PUPI QUIERE SER FUTBOLISTA. María Méndez Ponte. Edit.SM
     -PUPI VA AL HOSPITAL. María Méndez Ponte. Edit.SM
     -PODESVIR. Fina Casalderrey. Edit.Gotelo Blanco.
     -QUEN ME QUERE ADOPTAR? Fina Casalderrey. Edit.Xerais.



                                  DE 8 A 10 ANOS
     -LUISÓN. Alfredo Gómez Cerdá. Edit.Bruño.
     -O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA. Fina Casalderrey. Edit.SM
     -HAY UN CHICO EN EL BAÑO DE LAS CHICAS. Louis Sachar. Edit.SM
     -DÚAS BAGOAS POR MÁQUINA. Fina Casalderrey. Edit.Xerais.
     -A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS. Teresa González Costa. Edit.Xerais


                                 DE 10 A 12 ANOS
     -A EXPEDICIÓN DOS LIBROS. Vicente Muñoz Puelles. Edit.Oxford.
     -A DAMA DA LUZ. Agustín Fernández Paz. Edit.Xerais.
     -UN MISTERIO NA MOCHILA DE ALBA. Fina Casalderrey. Edit.Oxford.
     -A CHAVE DA ATLANTIDA. Anxo Fariña. Edit.Xerais.
     -CONTOS E POEMAS PARA UN MES CALQUERA. Jordi Sierra i Fabra. Edit.Oxford.
     -TI NON XOGAS. Silvestre Gómez Xurxo. Edit.Xerais



  * Libro -disco de Mama Cabra:
"XA ME TARDAN ESTES MAGOS".
Edit. Galaxia




     BO NADAL
    E

                FELICES  LECTURAS!!!!!