18 sept 2026

PROXECTO DOCUMENTAL ANUAL

“Coia, o barrio do Seis” é o proxecto documental que desenvolveremos ao longo deste curso 2026-2027 para coñecer mellor o noso barrio e fortalecer o vínculo entre o colexio e a súa contorna.

Queremos que o alumnado descubra e coñeza mellor o lugar no que vive: a súa historia, a cultura, as persoas, os espazos e todo aquilo que fai de Coia un barrio único.

A través da investigación, a observación e diferentes actividades, aprenderemos xuntos a coñecer, valorar, coidar e mellorar a nosa contorna, traballando tamén polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e por un futuro máis sostible.

Queremos que este sexa un proxecto compartido, no que escola, alumnado, familias e contorna camiñemos xuntos.

Agardamos contar coa vosa colaboración e participación nas diferentes actividades de investigación e creación que iremos propoñendo ao longo do curso!

No hay comentarios:

Publicar un comentario