O xoves 18 de abril, o alumnado de 4ºC tivo un encontro literario co escritor Eduardo Santiago, autor do libro “A miña amiga invisible”, que leron e traballaron durante este trimestre.
Na conversa explicou como xurdiu a
historia, personaxes, ambientación e houbo momentos para respostar ás preguntas
que os cativos e cativas tiñan preparadas.
Reflexionamos sobre como nos afectan os
cambios na vida e a imaxinación como
refuxio ante as adversidades.
“Un conto de fadas pouco convencional
sobre o poder da imaxinación para enfrontar problemas reais”.
Grazas pola túa visita Eduardo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario