Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro, dun xeito moi especial e cunha actividade de longa tradición no noso centro, ”Madriñas lectoras e Padriños lectores”.
Festexamos
esta data cun tempo solleiro e, libros ao patio na Hora de Ler, compartindo
lecturas e acompañando os máis maiores (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) aos máis
pequenos do cole (Infantil, 1º e 2ºde Primaria).
A semana pasada, as
madriñas e padriños, estiveron escollendo o libro que ían ler aos seus
afillados e afilladas, e estes prepararon fermosos marcapáxinas para
agasallalos.
Foi unha xornada chea de emocións na que os máis cativos e cativas estiveron escoitando con moita atención as lecturas.
Libros para soñar, para agasallar, para imaxinar, para crear, para compartir…!!!
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario