2 jun 2023

PAN CON CHOCOLATE DE PAULA CARBALLEIRA

O 1 de xuño, a escritora Paula Carballeira, tivo un encontro literario co alumnado de 3º de Primaria, para falar do seu libro “Pan con chocolate”, unha homenaxe ao escritor, mestre e pedagogo italiano Gianni Rodari.

Tiñamos preparado un sillón, moi similar ao da portada do libro, que convidaba a sentar e contar.

Paula contounos cal foi o que a motivou a escribir este libro, e que é o que ten en común con Gianni Rodari. Aos dous gústalles: escribir,  viaxar, os gatos, as bruxas, e sobre todo,... pan con chocolate!!!

O alumnado fíxolle entrega de cartas dirixidas a Gianni Rodari, nas que recollían o que máis lles gustara do libro.

Un libro no que se intercalan contos, poemas, cancións, diálogos e outros xéneros con notas biográficas do autor.

Rematou contándonos unha das súas historias e asinou os exemplares do alumnado e no libro de visitas. 

Coma sempre un pracer escoitarte Paula!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario