MAGO
FRAN
O
10 de Abril o alumnado de 5º asistiu,na Sala Rosalía,á actuación do Mago Fran.
Deleitounos
cunha segreda e asombrosa actuación na que estivo moi presente o noso amigo Harry
Potter.
Rimos ,participamos,colaboramos….e quedámonos con ganas de máis.
Por
iso, vai volver outro día con máis números de cartas e de maxia.
“Chispirín,
Chispirán” que volva xa!!!
Grazas
Fran por facernos pasar un rato tan máxico!!!
IAGO
LÓPEZ
Este
curso o escritor e contacontos Iago López visitounos por segunda vez , o 11 de
Abril, para realizar unha animación lectora sobre o libro “No corazón do bosque”
de Agustín Fernández Paz.
O
alumnado de segundo disfrutou dunha sesión moi amena que rematou ensinándolle o
traballo que fixeron sobre o bosque máxico galego. Grazas Iago!!!
ANXO MOURE
O 26 de Abril, recibimos a visita de
Anxo Moure, que realizou unha actividade de animación á lectura con contos e historias sobre os nosos
bosques , o noso entorno, o medio ambente , e a necesidade de coidalos.
En dúas sesións, o alumnado de 3º, 4º, 5º
e 6º puido participar da poesía e da
música que Anxo nos trouxo. Aprendemos a respirar no medio do bosque, a sentir as árbores, a coñecer os seus nomes, bidueiro, freixo, carballos, ... e a escoitar os seus contos. Grazas Anxo!!!
Anxo Moure é autor dos libros: O Carballo con botas, A
Xacia Luviñas, O paraugas dameaugas, Salgadiña, Caramulo e a Música das
árbores.
Todos os seus contos forman parte do proxecto Contos Solidarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario