O
24 de abril o alumnado de terceiro
recibiu a visita do escritor Pere Tobaruela .
O
encontro tivo lugar na Sala Rosalía e comenzou cunha breve presentación sobre o
autor invitado por parte dos nenos e nenas.
Neste
curso limos o seu libro "Vouvos papar", escrito xunto con Luz Méndez e publicado
no ano 2008. É a historia de dous nenos que viven unha aventura en internet.
Despois
reflexionamos sobre se preferimos as películas ou os libros, e que nos aporta
cada unha destas modalidades para contar historias.
Pere
explicounos moi ben como a lectura activa as conexións entre as nosas neuronas
e abre a nosa imaxinación, entre outros moitos beneficios.
Pasamos
un rato moi agradable falando con Pere que nos asinou os nosos libros. Grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario