O
venres 16 de Abril, o alumnado de 1º C compartiu unha sesión co
escritor e ilustrador David Rodríguez para falar do seu libro “Superavoa” da
Editorial Xerais.
Contounos como xurdiu a idea de escribir esta
historia e que é unha homenaxe ás avoas.
A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ela e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor.
Ensinámoslle os debuxos que fixemos das nosas avoas e falamos dos superpoderes que ten cada unha.
Respostou ás preguntas que tiñamos preparadas e despois amosounos outros traballos nos que participou como diseñador gráfico: libros-disco “A banda dos Cueiros” e “Eu ben vin virivín. Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar”.
Rematou asinando os exemplares e no libro de lembranzas. Grazas por compartir con nós estos momentos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario