O día 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, un
acontecemento instituído pola Real Academia Galega de Belas Artes. No ano 2020,
o homenaxeado é o arquitecto DOMINGO DE
ANDRADE (Cee, A Coruña, 1639 - Santiago
de Compostela, 1712).
O cartel conmemorativo, realizado polo académico Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade obra de Felipe Criado e conservado na Facultade de Xeografía e Historia compostelá.
Aínda que a maior parte da súa obra podemos vela en
Compostela, fora dalí tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense.
Entre as súas obras destacan a
Torre do Reloxo e o Pórtico Real da Quintana da Catedral de Santiago. A escaleira
de caracol do convento de San Domingos de Bonaval, a Casa da Parra e a Casa da Conga. Ademais, fora de
Compostela realizou, entre outras, a sala capitular e a sancristía da Catedral
de Lugo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario