Como todos os anos, nestas datas, celebraremos o Samaín.
    Samaín, palabra
gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga  cultura céltica  o tempo  de  Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período
máis importante do ano. 
     Eran  datas  claves
 para  reunirse nos camposantos, comer  o ritual
 e  comunal  porco de samaín  e concelebrar as  farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as  portas do
 outromundo abríanse  nesas horas e as  ánimas  eran
 quen  de vir visitar este mundo e aos seus moradores:tantas  veces para render contas inacabadas.
     Para afastar dos seus castros as
perigosas ánimas defuntas  e errantes  adoitaban  poñer  no
 alto  das muradas, ou  encastradas nas paredes, as  caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.
      De
aquí, dos  ritos  e crenzas  célticas  ao redor da caveira, vén a tradición
europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou
calabazotes.
                   Fonte: Vieiros da Escola (preme na imaxe)
Este curso
traballaremos todo o relacionado co mundo máxico galego: aquelarres, Santa Compaña, lobishome,
animais fantásticos, lendas de medo, demos,...que forman parte da nosa cultura.
Información
en Galicia Encantada (preme na imaxe)
   Coma sempre, faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras  que fagan na
 casa  cos  seus
 fillos  e  fillas.
Hai que traelas o luns 29. Mentras as  fan  pódenlle contar  contos  sobre o  tema  e  botarlle imaxinación e inventar outros.
    Hai doces moi ricos que se fan coa polpa
cocida da cabaza, ovos, fariña  e  azucre! Estamos  dispostos a probalos
se alguén os trae feitos. UUUUhhhhmmmm!
    Recollerán  as
 cabazas  o  mércores  día 31  para levalas á súa casa e disfrutalas alí.
   Convidamos  ás  familias  a  visitar  a  Exposición
 de  Samaín o martes 30 de outubro de 16:00 a
18:00h.
        Os libros recomendados:
-Dicionario dos seres Míticos Galegos. Xoán R. Cuba, Xosé Miranda, Antonio Reigosa. Ed.Xerais.
-Lendas
Galegas: Arrepios e outros medos. Historias galegas de fantasmas e de terror. Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Ed. Xerais.
-Lendo lendas, digo versos. Antonio García Teijeiro, Antonio Reigosa. Ed.Xerais.





 
No hay comentarios:
Publicar un comentario