1 may 2018

POEMANDO A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

O venres pasado con nós no Seis do Nadal:
Antonio García Teijeiro o poeta.
Adicámoslle un mural, dúas cancións e unha obra teatral
e disfrutamos moito, que era a nosa meta.

Dixo que lle gusta moito a nosa escola
que fomentamos o deporte e a lectura
e eso mola.
 
Contou un montón de cousas interesantes
do que fará, fai agora e fixo antes
de como en corenta anos de profesor
ben facendo o seu labor
motivou a moitos estudantes. 

O que o levou a ser escritor
foi carecer dun mestre, no seu día, motivador.
Tampouco posuía libros na casa ou no colexio
Eso era para el… Todo un privilexio.

A poesía foi a ferramenta
para derruír muros e cadeas
dunha infancia gris sen libros pero soños a moreas.
Deixou voar a súa imaxinación
para axudar aos nenos doutra xeración.
Amosarlles a importancia da poesía dos sentidos, emocións e sentimentos
para ensinarlles a crecer non só de cabeza senón tamén por dentro.
  
Presentou a súa obra “Poemar o Mar”
que xurdiu da fermosa area branca das praias do noso fogar
fonte de vida, o mar de Vigo
nel atopou ao seu eterno amigo.
Xogou cos nenos ao xogo de rimar
poemas moi fermosos da súa triloxía do mar.
Valentes meniños do 6,mariñeiros das palabras,
tiñades que ver todos o ben que recitaban.

Revelou o segredo da súa “goma de borrar”
que inventou outro poeta amigo e ao cal pediu prestada.
Porque neste mundo hai moitas cousas
que todos quereriamos ver borradas.
Os nenos dixeron: guerras, contaminación, persoas malas…
Tamén os exames, pero xa vos digo eu que diso nada.
Dun baúl pirata o poeta sacou a Martiño,
un monicreque mariñeiro
que cantaba coma un xilgueiro
poemas ao mar de Vigo.
Todos cantamos con el e ben que rimos
non imaxinades canto nos divertimos.

Todo rematou entre preguntas e sorrisos,
autógrafos, agasallos e mil promesas de retorno.
O mar fíxose poesía e a poesía chegou aos nenos
da man do noso poeta, Antonio García Teijeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario