18 feb. 2017

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

O 14 de febreiro recibimos a Ledicia Costas. Tivo un encontro co Club de lectura,16 alumnos/as de 6º de primaria: tocaba posta en común coa súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta".

Preparamos especialmente a súa visita: unha das alumnas caracterizouse como Escarlatina, outros fixeron debuxos dos personaxes, outros prepararon algunhas receitas do seu libro,..
E conseguimos sorprendela, pois nada máis ver a caracterizada de Escarlatina quixo fotografarse con ela.

O encontro tivo lugar na sala Rosalía, onde a agardaban as receitas elaboradas polos membros do club de lectura.
Descubrimos moitos dos seus segredos: que lle fascina a temática relacionada coa morte, que é moi larpeira, que escribe dende os trece anos,.....contounos anécdotas e poidemos facerlle todas aquelas preguntas sobre os personaxes, as ilustracións,...que levabamos preparadas.

Anticipounos que xa está traballando no seu próximo libro que terá que ver cunha tradición nosa ,o samaín.
Houbo tempo tamén para asinar no libro de visitas do centro e nos exemplares de Escarlatina e Esmeraldina.

E, coma sempre que nos visita, soubonos a pouco.

Moitas grazas Ledicia por compartir connosco o teu tempo e achegarnos a túa experiencia literaria. Ata a próxima!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario