23 oct. 2014

SAMAÍN


Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, era o período máis importante do ano.

      Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
      Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.
      De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.
        Coma sempre,faremos unha EXPOSICIÓN coas caveiras que fagan na casa cos seus fillos e fillas.Hai que traelas o luns 27.Mentras as fan pódenlle contar contos sobre o tema e botarlle imaxinación e inventar outros.
    ¡Hai doces moi ricos que se fan coa polpa cocida da cabaza, ovos, fariña e azucre! Estamos dispostos a probalos se alguén os trae feitos. UUUUhhhhmmmm!
    Recollerán as cabazas o xoves  día 30 para levalas á súa casa e disfrutalas alí.
 Samaín  2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario