Hoxe
contamos coa presenza de Marisa Irimia (Ilustradora,contacontos e animadora de
lectura), que impartiu unha sesión de Kamishibai para o alumnado de 5º.
Primeiro
falounos da orixe do kamishibai,os elementos de que consta,como se colocan as
láminas,....e despois contounos dous contos.
Animounos a inventar e escribir contos e historias para contalas en Kamishibai.
Que
ben o pasamos!!!!
O Kamishibai , é unha palabra xaponesa que significa
"teatro de papel",é unha forma de contar contos moi popular en Xapón.
Consiste nun teatriño, con
diferentes láminas de papel, e un texto por detrás, que o narrador vai lendo.
Fomenta
a lectura e a escritura; incentiva a imaxinacion e a creatividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario