En torno ao lema "Deporte pola Paz" xirou a
celebración deste día.
Fixemos un acto
colectivo no que provistos de camisetas de cor azul,negro,vermello,amarelo e verde representamos
os cinco aros olímpicos .
Durante esta semana estivemos traballando este tema nas
aulas:
-Investigamos sobre a Paz e Nelson Mandela
-Pintamos o colgante en forma de pelota
- Escribimos as nosas Mensaxes de Paz
- Escribimos as nosas Mensaxes de Paz
Despois do recreo,baixamos todos e todas ao pavillón e fomos
sentándonos nos círculos establecidos para tal fin.
Xa sentados,coas mensaxes de paz fixemos una pelota.
Cando escomenzou a soar a música fomos encestando as pelotas
na caixa que nos correspondía.
Representantes de cada
nivel,foron vaciar as pelotas no Baúl dos Desexos da Paz.
Ao ritmo de "Free Nelson Mandela",unha
representación dos alumnos/as de 6º leron o Manifesto pola Paz,centrado en
Nelson Mandela e recitaron o poema Invictus.
"E moi importante que teñamos en conta que a paz non só significa ausencia de guerra, é unha palabra que vai moito máis alá, é unha palabra que nos fala de: solidariedade, amor, compromiso, respecto, tolerancia, xustiza, inclusión, liberdade, diversidade, cooperación...

A Paz está entre nós cando bicamos a nosa nai, nunha
aperta dun amigo/a, nun sorriso, nas lambetadas compartidas cos amigos/as, na
alegría da tarefa ben feita, na palmadiña ao compañeiro/a....
Temos que lembrar que a Paz non é tarefa
dun día, para conseguila hai que traballala os 365 días do ano.
E como di Nelson Mandela:
“Todo parece imposible ata que se fai”...
E como di Nelson Mandela:
“Todo parece imposible ata que se fai”...
Foi un día especial e cheo de bos desexos como podedes ver nestas fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario