No Día de Rosalía recibimos a visita do directore dous profesores da Escola Municipal de
Danza que deron un concerto didáctico e presentaron instrumentos de percusión tradicional,tipos de gaitas e
danza e interpretaron determinadas pezas.
Remataron con Negra Sombra ao son da gaita.
Grazas!!!!
Na aula específica,seguindo a proposta da AELG baixo o lema
"Eu son Rosalía", preparamos esta pancarta con pictogramas de
Arasaac.
"Nós somos Rosalía porque
loitamos por conseguir os nosos soños" e o poema "Adiós ríos,adiós fontes".
Onte o alumnado de 1º e 2º disfrutou dunha sesión de contacontos da man de Sabela Gago, que fixo a ledicia dos nenos e nenas nunha actividade moi dinámica, creativa e participativa con xestos, sons, interpretando, ... na que a imaxinación e os contos foron os protagonistas.
O vindeiro 24 deFebreiro,celebramos o Día de Rosalía de Castro,aniversario do
nacemento da nosa ilustre poetisa.
A AELG(Asociación de escritoras e escritores en lingua galega),ademais
de animar a agasallar unlibro en galego e unha flor propón
para ese día realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade
temática da obra rosaliana , de modo que cada persoa descubra con cal das
múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada baixo o lema "Eu son Rosalía"
Para
coñecer un pouco máis a nosa poetisa deixamos estes recursos
Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro,
na que podemos atopar información sobre a súa vida,obras,....
Recompilación
da biblioteca "Outeiro de Matilda"
Unidade didáctica sobre Rosalía de "Os poemas do Río"
Lim do Ceip "Alexandre
Bóveda"
Lim basado no libro "Rosalía" editado pola Fundación Rosalía de Castro
O venres 13 de febreiro celebramos
a festa do Entroido e o Seis encheuse de personaxes de cómic :Pitufos, Mortadelo, Zipi e Zape, Lucky Luke,
Asterix e Obelix, Superheroes, Mafalda, Calvin e Hobbes,Hug e Rochiña, un
espectaculocheo de colorido e imaxinación.
Edº Infantil 3 anos:Calvin e Hobbes
Edº Infantil 4 anos:Hug e Rochiña
Edº Infantil 5 anos:Asterix e Obelix
1º-Pitufos
2º-Superheroes
3º-Mortadelo
4º-Lucky Luke
5º-Mafalda
6º-Zipi e Zape
Xa disfrazad@s baixamos ao pavillón e ao
son da música iniciamos o noso desfile.
O tempo non acompañou e só puidemos saír
un momento e facer un pequeno percorrido polo barrio.
E para rematar a festa,degustación dedoces típicosdeste época (orellas, filloas, flores,...) e Baile!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Grazasás familias pola constante colaboración!!!!!
A semana de entroido
foi moi divertida. Dende o luns estivemos seguindo os mandadiños
do Meco
que estaban na entrada do cole.Cada día tivemos que traer algo: un barco, engalanar a cabeza
e ospés, un
pixama e o seu osiñoe rematamos coa cara pintada e antifaces
reciclados.
Nesta semana de
Entroido e,como ven sendo costume,organizamos unObradoiro de Cociña.
Merce, Maite, Carmen,Carmen, Montse, Anxeles e Isabel
foronas
mestras e cociñeiras que prepararon esta receita:
"Brocheta de lacón con chourizo
en cama de garavanzos ao aroma de grelos"!!!!!!!
O día anteriorentregámosllesas invitacións ao
evento.
Por grupos, foron baixando ao vestíbulo do cole,onde tiñamos todo organizado: explicaron os
ingredientes,a elaboración e por último
cada neno/nena puido degustar unha brocheta.
¡Que rico
estaba todo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! MOITAS GRAZAS!!!!!!!!!
Coincidindo coa celebración de San Valentín a biblioteca adica esta semana o Amor e a Amizade.
Para elo,organizamos varias actividades:
-Selección e exposición de lecturas e historias de amor,amizade, bicos, cariño, tenrura, ....
-Concurso:"Cada ovella coa súa parella"
Atopa a parella de cada un dos personaxes de
cómic.
-Escribe unha mensaxe de amor,de
amizade,….. aalguén que ti queiras e métea na caixa en forma de corazón.O último día da semana entregarémolas aos seus destinatarios.
-Faremos un corazón de papiroflexia.
Pasade pola biblioteca e animádevos a participar!!!!!Agardámosvos!!!!
Por segundo ano participamos no Programa Educativo Vigo
Recicla sobre reciclaxe, para ensinar ao alumnado de 2º,3º e 4ºa necesidade de separar os distintos residuos
e materiais para a conservación e protección do medio ambente a través dun
videoxogo.
Despois dunha breve explicación por parte da monitora, cada alumno/a
xogou.
Tiñan quelevar os productos ata o contedor máis axeitado.Cantos máis acertos
consigan máis cerca estarán de convertirse en superheroes da reciclaxe xunto aRecicliñoeRecicliña.
Ao remate recibiron unha bolsa de reciclaxe con
agasallos.