O luns 16 de xuño, nunha tarde moi calurosa, puxemos o peche, por este curso, ao noso querido Club de Lectura “Ás Seis no Seis”. Foi unha xornada chea de ledicia e emocións, onde cada unha de nós puido compartir o seu amor pola lectura e as experiencias vividas durante o ano.
Durante a reunión, dedicamos un tempo a conversar sobre o último libro que lemos,"Rosalía oculta" de Paula Mayor.
Tamén dedicamos un momento para
valorar a experiencia do club ao longo do curso. Todas coincidimos en que foi un ano cheo de
historias, sorrisos e encontros literarios que nos permitiron coñecer novas
autoras e xéneros. Agradecemos a cada participante pola súa implicación e
entusiasmo, que fixeron deste club un espazo especial e acolledor para todas.
De cara ao vindeiro curso
25-26, fixemos unha selección de lecturas para o primeiro trimestre. Escollimos
libros que prometen ser tan interesantes e desafiantes como os que lemos este
ano. Estamos ansiosas por comezar a exploración de novas historias e aventuras
literarias.
A tarde rematou coa nosa
tradicional degustación de froita e doces, mentres compartiamos risas e
conversas. Por último, entregamos diplomas e agasallos a todas as participantes
como recoñecemento pola súa dedicación e entusiasmo.
Grazas a todas por facer deste curso unha experiencia inesquecible. Desexámosvos un bo verán e esperamos con ilusión o próximo curso, onde seguiremos a compartir o noso amor pola lectura!
No hay comentarios:
Publicar un comentario