Seguindo co lema "Ler ciencia na Biblioteca
Escolar" e, como hoxe, 12 de Maio, é o Día Escolar das Matemáticas, iniciamos
a nosa SEMANA MATEMÁTICA.
Na Biblioteca montamos unha exposición de Origami e preparamos dous obradoiros de papiroflexia e Xogos Matemáticos.
Os distintos elementos de papiroflexia están feitos
polo alumnado de 5º de primaria e son eles/elas os que explican ao resto do cole que
pasará pola biblioteca ao longo da semana organizados por ciclos.Desta maneira
faremos diferentes actividades de papiroflexia e matemáticas dependendo da
idade do alumnado.
Algúns exemplos
de Papiroflexia: canciño,flores, marcapáxinas, camisa, falda, pantalón.
Xogos matemáticos:
Educación Infantil:Bloques lóxicos.
1º e 2º:dominós,mosaicos,producto cartesiano cos
bloques lóxicos en función dos atributos.
3º e 4º:tangram,pentaminós.
5º e 6º:cubo
soma, pentaminós, hexamantes, calculadora, tangram, ovotangram.
Hoxe,a biblioteca encheuse de nenos e nenas de
Educación Infantil,que esperaban impacientes e atentos ás explicacións dos maiores de quinto.
As imaxes son unha mostra da xornada .O
remate da semana poremos as fotos de todas as actividades desenvoltas.