31 ene 2025

VOLUNTARIADO: CONTOS POLA PAZ

Na biblioteca contamos coa colaboración do voluntariado sempre disposto a preparar lecturas para contar aos compañeiros e compañeiras máis pequenos/as.

Nesta ocasión, para a esta Semana da Paz, contaron dous contos ás clases de 2º de EP.

Xulia, Carmen, Laia e Coral, contaron "El árbol de la amistad", un fermoso álbum ilustrado que nos di que a a amizade é coma unha árbore máxica e preciosa que só medra si se rega con cariño e amabilidade hacia os outros.

Carmen, Mateo e Eire falaron sobre os refuxiados, “¿Que es un refugiado?”, no que inclúe testimonios de nenos e nenas refuxiados e de persoas refuxiadas que coñecemos como Malala.

30 ene 2025

DÍA DA PAZ 2025

O xoves 30 de xaneiro, celebramos un acto colectivo para conmemorar o Día da Paz e a Non Violencia.

A Paz constrúese cada día, coas nosas palabras, os nosos xestos e o noso traballo.

Cada un de nós pode ser un pequeno/pequena “Artesán da Paz”. Con palabras amables, axudando aos demais, con xestos de amizade... Se sementamos respecto, crecerá un mundo mellor para todos e todas.

Na pista de baloncesto, con roupa branca e portando colgantes en forma de corazón realizados con diferentes materiais  (cartulina, barro, pasta…), colocámonos formando dous corazóns.

Todos e todas xuntos, cantamos dúas cancións en lingua de signos e bailando no retrouso: "Corazón" de Magín Blanco e “Amizade para sempre” de Los Manolos.

As clases traballaron palabras relacionadas coa Paz (bicos, apertas, axuda, amor, ledicia, amizade, compartir, aloumiños…) coas que decoramos os chanzos das escaleiras en diferentes zonas do centro.

27 ene 2025

CONTAMOS EN FAMILIA

Cando escoitamos un conto narrado polas familias estamos fomentando o amor pola lectura e compartindo momentos agradables que nos enriquecen como comunidade educativa.

Estas foron as primeiras familias que nos acompañaron nestes días coas súas contadas. Grazas por achegarvos á escola e compartir con nós o voso tempo!!!

Eva, nai de Sergio, 6º Edº Infantil, foi a encargada de inaugurar esta tempada na biblio, contándonos “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre?.

Mirian, nai de Victoria, 2º EP e Sergio, 4º EP, presentounos a historia de “Iriña bailarina”, unha bailarina de caixa de música e dun boneco de futbolín que queren cambiar de vida e que nos amosan que é posible mudar roles e romper cos estereotipos de xénero.

Alberto, pai de Diego, 6º Edº Infantil, contounos un divertido álbum ilustrado, ambientado no mundo animal, "¡Qué ganas de hacer pipí!.

26 ene 2025

LECTURAS POLA PAZ

Para conmemorar o Día pola Paz e a Non Violencia preparamos unha escolma de lecturas sobre solidariedade, amizade, tolerancia, respecto…que están a disposición de todas e todos para traballar nas aulas.

24 ene 2025

OS ANOS TRANQUILOS NO CLUB DE LECTURA

No Club de Lectura de Adultas "Ás seis no Seis", continuamos lendo e, para escomenzar o 2025, o mércores 22 de xaneiro, recibimos a visita da escritora Llerena Perozo Porteiro coa que conversamos sobre a súa obra “Os anos tranquilos”.

Llerena fíxonos participes de que a personaxe principal, María García, e de ficción pero tivo moi presente a súa avoa materna, ao comezo da novela, cando nos relata a súa infancia en Asturias e como tivo que fuxir  escapando da guerra.

Ao longo da tarde acompañamos a María García no seu percorrido polos fitos históricos máis importantes que aconteceron no S. XX e dos que foi testemuña aportando a súa ollada crítica e as súas reflexións.

Unha lectura na que o feminismo está presente en toda a historia, en cada acontecemento, suceso... que nos levan a empatizar coa protagonista, incluso cando se toma a xustiza pola man.

Nesta novela a autora reivindica o valor das mulleres fortes e valentes que se sobrepoñen ás adversidades e tentan buscar un futuro e así poder acadar os seus obxectivos.

Como é tradición no noso club non podían faltar os doces caseiros e o café que puxeron o remate a esta xornada tan amena e agradable. Moitas grazas LLerena!!!

21 ene 2025

OBRADOIRO DE RADIO

O luns 20 de xaneiro o alumnado de 3º de Primaria tivo a oportunidade de desfrutar do obradoiro “Introdución ao teatro radiofónico”, coa escritora e actriz Paula Carballeira.

Exploraron as posibilidades para modular a voz, entonación, silencios..., e tamén crearon ficción, facendo unha lectura dramatizada do texto teatral "Somos os monstros”, escrito por Paula.

Finalmente poideron poñer en práctica o aprendido gravando as súas voces na radio. Encantoulles!! Quedou un resultado xenial!! Moitas grazas, Paula!!

14 ene 2025

AS FAMILIAS CONTAN

Un curso máis queremos convidar ás familias a achegarse á escola para contar un conto e pasar un rato agradable no que compartiremos momentos de complicidade e desfrutaremos do pracer da lectura.

Esta actividade de fomento da lectura terá lugar nun espazo acolledor, a biblioteca, na Hora de Ler (12,00h a 12,20h).

Se eres membro da nosa Comunidade Educativa, nai, pai, avó, avoa… e estás interesado/da, só tes que enviarnos un correo indicando o voso nome, o do voso fillo ou filla, curso e data proposta.

O noso enderezo electrónico é  

bibliotecaseisdonadal@gmail.com

A actividade “As familias contan”, desenvolverase dende este mes de xaneiro ata finais de maio.

Animádevos a participar nesta fermosa experiencia!!!

13 ene 2025

POEMARIO "MAR DE MAZÁ"

Na clase de 6º de Edº Infantil B, continúan traballando e investigando sobre os océanos. Nesta ocasión, escolleron un poemario “Mar de mazá” de Elvira Ribeiro, Ed. Galaxia, para iniciarse no recitado e na escoita da rima.

O primeiro poema que aprenderon foi “O convite”. Ilustraron a portada do poemario dándolle forma de mazá.

Foron á radio e gravaron o poema. Podedes escoitalo no seguinte podcast. Parabéns polo voso traballo!!!

3 ene 2025

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2025

Calendario do Libro e da Lectura de Galicia 2025, coas datas, efemérides e conmemoracións máis salientables arredor dos libros e da lectura.

As ilustracións son obra do ilustrador Carlos Gallego Domínguez.

O obxectivo deste calendario é fomentar a lectura e a normalización da presenza do libro en todos os sectores da sociedade.

Recolle datas de homenaxe a Castelao con motivo do 75 aniversario do seu falecemento e a Isaac Díaz Pardo, a quen se lle adica o vindeiro Día das artes galegas.

17 de outubro, Día do Patrimonio Inmaterial e o 27 do mesmo mes, Día da corrección de textos, e o 22 de novembro, Día da música.

Entre outras conmemoracións, celebramos o Día da Ilustración (30 de xaneiro), homenaxeando a Xosé Vizoso; o Día das Letras Galegas (17 de maio), centrado no Cancioneiro popular galego; ou o Día da Lectura (3 de novembro), coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas.

Pretende impulsar entre a cidadanía as actividades culturais arredor das 34 principais efemérides que se desenvolven no ámbito das letras ao longo do 2025.

Preme na imaxe para acceder ao documento en pdf.