22 mar 2015

GONZALO MOURE CO CLUB DE LECTURA

Gonzalo Moure compartiu un encontro cos membros do Club de Lectura para falar dun dos seus libros, Palabras de Caramelo.
E un luxo poder falar cunha persoa tan especial como Gonzalo e escoitar as súas  verbas e a súa sensibilidade que trasmite valores , sentimentos e corazón.
Como el di "A novela  é o laboratorio do home", xa que na realidade sempre podemos atopar  sucesos, feitos,...  que contar e que poden ser o inicio  dunha historia escrita.
Ao longo da sesión falamos sobre diversos aspecto do libro: personaxes, título, final do relato,...nos que a forza das palabras,o compromiso e as emocións estiveron moi presentes.
Palabras de Caramelo é un libro que deixou pegada en cada un de nós. Cunha linguaxe sinxela e poética, acheganos  ao Pobo Saharaui e os Campamentos de Refuxiados aos que  Gonzalo  viaxa varias veces e colabora coa Asociacion de Escritores polo Sahara a través do proxecto Bubisher.
Grazas Gonzalo!!!!

21 mar 2015

PACO NOGUEIRAS NO SEIS

O mércores 18 de marzo  contamos coa presenza de Paco Nogueiras, viu coa súa maleta cargada de contos e música.
Contounos varios contos Violín, Osos, Chivos chivóns, Quen é ese becho?,da editorial Kalandraka, acompañados de cancións do seu libro-cd Brinca vai!  e con instrumentos (acordeón e ukelele) e deixounos un cartel asinado como agasallo.
O alumnado de educación infantil pasouno  xenial  axudando a Paco con xestos, sons, cantando, ...Grazas!!!!

18 mar 2015

OLLOS DE AULA Nº 20 (MARZO-ABRIL)

O Nº 20 de "OLLOS DE AULA"
  aborda este mes:
Interesantes artigos sobre a mediación escolar,o papel que debe xogar a familia na iniciación á lectura, como detectar un transtorno de conduta alimentaria e recomendacións literarias, musicais e de ocio.
http://www.coordinadoraendl.org/ollosdeaula/Ollos%20de%20aula_n20_version_imprimir_a4_a_dobre_cara.pdf
(PREME NA IMAXE)

16 mar 2015

PREMIO FERNÁNDEZ DEL RIEGO PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

As Bibliotecas Escolares de Galicia obteñen o premio Fernández del Riego, na edición deste ano.
 
Así o presentan na súa páxina.
 
"O Premio Fernández del Riego á colaboración no ámbito editorial e cultural foi para as Bibliotecas Escolares de Galicia, unha iniciativa que se foi consolidando ao longo de dez anos e cuxo obxectivo é a dinamización da lectura nos centros escolares de toda Galicia, de primaria e secundaria. Douscentos vinte e oito centros galegos contan con CLUB DE LECTURA e nun 25% destes centros tamén funcionan  grupos de lectura de adultos. Segundo a Asesoría de Bibliotecas Escolares, os responsables desas bibliotecas e os coordinadores manteñen unha xuntanza anual, os Encontros do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares,  e o mesmo acontece cos coordinadores dos clubs de lectura na Xornada de Clubs de Lectura".
 
E así aparece no portal educativo.
 
Así, recolle a nova, Manuel Bragado, director de Xerais, na súa páxina Brétemas.
 
Recibir este premio, co nome de Fernández del Riego, o gran bibliógrafo, bibliotecario da Fundación Penzol, é unha gran honra para as bibliotecas escolares, unha delas -a do CIFP Manuel Antonio- leva o seu nome.
 
Parabéns para todas!
 
Asesoría de Bibliotecas Escolares para Rede lectura

15 mar 2015

VISITAS DE MARZO

O vindeiro martes 17 de marzo,
os membros do Club de Lectura,
terán un encontro con Gonzalo Moure,
 autor do libro "Palabras de Caramelo".
E o mércores 18 de marzo agardamos
 unha visita moi especial para Infantil,
Paco Nogueiras Nodar,
autor do libro-cd  "Brinca vai !".

8 mar 2015

SEMANA DA PRENSA

Do 9 ao 13 de marzo celebramos a
SEMANA DA PRENSA
Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e actividades  para traballar o tema nas aulas.
BiBlogcañiza
 http://biblogcaniza.blogspot.com.es/p/semana-da-prensa-do-12-ao-15-de-marzo.html
Recompilación da Biblioteca
"Outeiro de Matilda" 
https://sites.google.com/site/traballamosaprensa/
Web de Norberto

Durante esta semana haberá na biblioteca exposición de prensa variada (local,rexional,deportiva,...).
No lateral dereito do blog  co título "KiosKo - prensa" tedes  un enlace permamente aos principais xornais en formato dixital.
Propoñemos investigar as matemáticas na prensa, gráficos, artigos, enquisas, deporte,....

5 mar 2015

8 DE MARZO:DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O vindeiro 8 de Marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller , e nós unímonos á celebración desta data.
 

Entre outras actividades a biblioteca proporciona unha Selección de lecturas  protagonizadas por mulleres que contan historias, viven aventuras e reivindican os seus dereitos  e que podedes atopar en exposición no lugar habitual.
Nas seguintes ligazóns atoparedes moitos recursos para traballar o tema nas aulas:
Album de Mulleres Galegas
http://www.culturagalega.org/album/
Biblioteca Víctor Sáenz
https://sites.google.com/site/recursosmullertraballadora/
Unidades didácticas infantil e Primaria STEG
http://www.steg.gal/muller/contidos.asp?cid=2&ssid=119

Unidade didáctica "Eu son coma ti" de "Os poemas do río"
http://ospoemasdorio.com/wp-content/uploads/eusoncomati_ud.pdf
ONU Mujeres
http://www.unwomen.org/es/news/in-focus/international-womens-day
Recompilación de recursos da biblioteca
http://atlasdossonhos.blogspot.com.es/2014/03/recursos-dia-da-muller-traballadora_7.html

3 mar 2015

ANIMACIÓN Á LECTURA

O luns o  alumnado de e disfrutou dunha sesión de animación á lectura  da man de Nuria Martín, actriz e contacontos,que nos fixo pasar un rato moi divertido.
Tina, contounos historias e aventuras da cidade dos contos, acompañando o seu espectáculo de maxia, música e a participación dos nenos e nenas,na que a palabra e os libros son os protagonistas.Grazas!!! 

2 mar 2015

VISITA DE DAVID BRAÑA

O mércores 25 de febreiro recibimos a visita do guionista David Braña que compartiu co alumnado de unha sesión na que explicou coma elaborar un guión para facer un cómic.
David , xa estivera con nós noutra ocasión , é guionista, cun gran número de historietas en diversas publicacións e editoriais.Tamén escribiu o conto Yito y Grima e unha curtametraxe . Ao longo da súa traxectoria ten acadado diversos premios.
Grazas!!!

26 feb 2015

XVI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

Do 27 de febreiro ao 28 de marzo de 2015, no Pazo da Cultura de Pontevedra, podemos asistir ao  XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil , cun programa no que haberá contacontos, teatro, música, obradoiros e, sobre todo, moitas actividades relacionadas coas materias da temática deste ano:

"DA CIENCIA Á FICCIÓN"

As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física, a química,....esclarecen feitos e inspiraron grandes historias de ficción.
Preme na imaxe e accede ao Programa
http://www.salondolibro.org/sites/default/files/Programa_24pax_salon_2015.pdf