20 feb 2012

ACTIVIDADES SOBRE "OS MERDEIROS"

         Un pequeno resumo das actividades feitas en torno a esta figura do Entroido Vigués e co que montamos unha exposición.

*"Investigación  documental" sobre esta figura.

 
*As clases de 5º disfrazáronse de Merdeir@s, elaborando  as carautas,as perrucas,o chaleco,.......os distintos elementos da súa vestimenta.


*Os "Merdeir@s do Seis" na Prensa.

("Los Merdeiros cambiaron el Casco Vello por los jardines de Coia)

*Carautas  decoradas  polos  alumn@s  en colaboración coas familias.


19 feb 2012

OBRADOIRO DE COCIÑA

            PARA FESTEXAR O ENTROIDO,FIXEMOS UN OBRADOIRO NO QUE DEGUSTAMOS FILLOAS,UN DOCE TÍPICO DESTAS DATAS.
          AS MESTRAS DE   PURI,SIRA E Mª LUZ,FORON AS ENCARGADAS DE DAR ESTE OBRADOIRO.

1º.-EXPLICARON OS INGREDIENTES QUE NECESITAMOS.
2º.-O PROCESO DE ELABORACIÓN.


3º.-A DEGUSTACIÓN.


 ESTABAN BOÍSIMASSSSSS!!!!!!!!!!!


MOITAS GRAZAS!!!!!UN PEQUENO AGASALLO!!!!!!!

10 feb 2012

MANDADIÑOS DO MECO

OS  MANDADIÑOS  DO MECO
PARA TODA A SEMANA SON:
  • LUNS,13
 Vigo Mariñeiro
 Parche no ollo e sombreiro.
  • MARTES,14
Mergúllate no mar
Que o pescozo tes que adornar.
  • MÉRCORES,15
En Vigo hai Reconquista
Cun bo mandil xa estás list@.
  • XOVES,16
Se deporte no "Seis" queres facer
Un zapato de cada maneira tes que traer.
  • VENRES,17
Durme ben a noite antes
Que para o "Entroido do Seis"
Hai que ter moito aghuante.

Grazas  pola  vosa  colaboración!!!!!

9 feb 2012

OS MERDEIROS DE VIGO

        Continuamos co proxecto documental deste ano,así que nestas datas estamos investigando unha figura do entroido vigués.

O  M E R D E I R O 
         O merdeiro é un personaxe de caracter popular que remitiu nos anos 20 (a guerra civil rompeu o costume) do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura.  
    Vestirse no entroido de merdeiro era un costume típico entre os mariñeiros da ribeira viguesa.
      O seu obxectivo era incordiar á xente na época do entroido, restregando indiscriminadamente ás súas vítimas con restos de peixes apodrecidos.
       O motivo da creación desta figura foi a xenreira existente entre mariñeiros e labregos.
       A vestimenta era á imitación dos escabicheiros, (persoas do rural que collían os escabiches e baleiraban os pozos negros da cidade para abonar as súas veigas), esaxerando os elementos do traxe e apeiros máis significativos: o pucho, os símbolos e o farol.
        Os Merdeiros acostumaban vagar de xeito improvisado polas rúas da cidade, en solitario ou en pequenos grupos carecentes de organización
       O Merdeiro é maleducado e un pouco violento. Corre, brinca e berra co ánimo de asustar a xente, e ademais vai armado dunha vara coa que intenta golpear á xente coa que tropeza.
     A súa existencia queda reflectida na prensa de finais do século XIX e comezos do XX, e tamén por estudosos do folklore coma Vicente Risco ou Xaquín Lorenzo
     Na actualidade, o Merdeiro é a única figura do entroido urbano que queda en Galicia.
     Rosa González do "Ceip O Pombal" fixo este LIM sobre o entroido en Vigo e sobre os merdeiros.

6 feb 2012

RECURSOS ENTROIDO

                Xa estamos no Entroido,época na que se poden romper as normas,cambiar de identidade,e ironizar a calquer personaxe.Pero tamén é tempo para  investigar orixes,costumes e tradicións do noso Entroido tradicional  galego.
          Nestas ligazóns atoparedes recursos e materiais diversos para traballar o tema na aula. 
  • Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización lingüística(unidades didácticas, vocabulario, xogos, actividades lim, receitas,......)
 
  • Web de Norberto(máscaras,disfraces,....)

3 feb 2012

PRESENTACIÓN DO VIDEOXOGO "VIAXE ÁS COVAS DO FOLÓN"

                      O 1 de febreiro asistimos no Verbum  á presentación do Videoxogo "Viaxe ás Covas do Folón" desenvolvido pola Concellería de Normalización Lingüística e creado polas empresas Desoños e Moonbite Games.

              "Viaxe ás covas do Folón" é un proxecto no que o Concello leva traballando moito tempo,dende o ano 2009.No ano 2010 foi presentado aos centros de ensino e realizouse un concurso para crear os personaxes do xogo,deseñados por alumn@s de 2º e 3º ciclo de Primaria.

              Catro alumnas de 6º de Primaria do noso cole,Antía,Carmen,Laura e Violeta,tiveron a oportunidade de xogar e explicar o funcionamento porque temos o xogo no noso centro dende decembro e o tema do proxecto documental deste curso é Vigo.



            O obxectivo deste proxecto é ofrecer unha ferramenta lúdica para que os alumnos do 3º ciclo de Primaria e de 1º da ESO,descubran a súa cidade a través da súa historia,do seu patrimonio e da súa lingua.

            Dinámica do xogo: o personaxe protagonista do xogo entra na máquina do tempo que atopa nas Covas do Folón,aí comenza unha viaxe a nove lugares da cidade en distintas épocas históricas.

            Os feitos históricos sucédense en orde cronolóxica:  Megalitismo,os Petroglifos,os  Castros, Romanización, Medievo, os Pazos, Reconquista, Modernismo e Actualidade.

           É un xogo en rede e o sitio web é: http://www.viaxeascovasdofolon.com/  i dará soporte a todo o proxecto.