Como en anos anteriores, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen.
O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
En 2026, o país elexido é Chipre, e
o cartel fixérono duas creadoras de libros infantís. O tema deste ano é “Planta historias e o mundo florecerá”, un fermoso lema que recoñece o valor
das historias, os libros e a lectura, así como o seu potencial para mellorar o
mundo, ao tempo que enfatiza a necesidade de adoptar opcións de vida máis
respetuosas co medio ambiente.
A novidade deste ano é que foron os
propios nenos e nenas de 19 escolas os que elexiron a ilustración e o texto:
ilustración de Sandra Eleftheriou e a mensaxe de Elena Perikleous.
O texto comeza así:
“Había unha vez unha crianza que ansiaba vivir mellor que os
héroes dos contos de fadas, que só vivían felices para sempre.
Dende Gálix unénse a esta
conmemoración salientando o importante papel que ten a literatura infantil e
xuvenil (LIX) na nosa lingua no crecemento e desenvolvemento das crianzas.
Cartaz creado por María Lires e o manifesto escrito por María Solar. Xuntos simbolizan o poder emancipador dos libros e a imaxinación, invitándonos (sexamos crianzas ou xa non) a soñar sen límites.


