Para integrar ao alumnado na xestión e
dinamización da biblioteca formamos  equipos  de  axudantes  do  terceiro ciclo, 5º e
6º.
Este
 é o Equipo de axudantes da biblioteca
deste primeiro trimestre.
Durante
o mes de setembro a responsable da biblioteca foi polas  aulas de sexto a  solicitar ao alumnado a súa colaboración,de xeito voluntario,na biblioteca durante o
horario do recreo.
Recibiron
unha sesión formativa sobre cales eran as súas funcións e comprometéronse  por un trimestre asinando o seu contrato.
Establecéronse
 quendas  fixas  con  catro axudantes  por día.
Un
 chaleco co nome  e logotipo da biblioteca os identifica .
Ademais
 de  cumprir  as  súas
 funcións  (ordenar os materiais , manter  a  orde,
 selar  os  libros,  axudar  aos  máis  pequenos
 na selección  de  lecturas
 e  nos  ordenadores,
.......) tamén  forman parte  do  club
 de  lectura , foron  @s  encargad@s  de  contar contos  nos  mércores
 de  conto, fixeron sesións de papiroflexia, explicación
de experimentos,......
E
o último día,antes das vacacións de nadal, fixémoslle entrega dos diplomas.
Grazas  polo  voso
 traballo  e  colaboración
 coa  biblioteca!!!