Con Esther, Tania e
Valeria, alumnas de 6º, contamos números, escoitamos unha historia e vimos as ilustracións do album "Libro de contar".
Mostrando entradas con la etiqueta mércores de conto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mércores de conto. Mostrar todas las entradas
7 dic 2014
30 nov 2014
O PAÍS DOS MANDÓNS
O
PAÍS DOS MANDÓNS foi a lectura seleccionada por Naira e Aissa,alumnas de 6ºe colaboradoras da biblioteca, para esta semana.
No
país dos mandóns, uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as
nenas, mulleres e avoas xoguen, saían, traballen fora de casa,....pero todos e
todas xuntos conseguen cambiar e crear un novo:O País da Igualdade.
Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita
carga simbólica, a través da narración,
explican como as mulleres e os homes temos os mesmos dereitos.
As
súas autoras son Paloma Rodríguez e Cristina Justo.
Un
conto para reflexionar sobre a igualdade de homes e mulleres.
Este libro forma parte da colección A igualdade Conta de Editorial
Embora,e está dirixido a nenas e nenos de entre 3 a 8 anos.
Grazas
por esta lectura que nos fai pensar e reflexionar a todas e todos!!!!
21 nov 2014
MÉRCORES DE CONTO....MATEMÁTICO!!!!
Iria e Marta, alumnas de 6º,colaboradoras da biblioteca,foron as encargadas de
iniciar este curso os Mércores de conto......matemático!!!!!!
co álbum
O alumnado de educación infantil estivo moi atento e ao remate contamos cantos personaxes e en que orden aparecían,......Encantounos o conto e pasámolo moi ben.Grazas!!!!
Prepara un delicioso pastel de amoras e o olor vai chegando a todos os animais que pasan preto da súa casa, que non poden resistirse a entrar:o escaravello revello,o morcego chairego,o sapo castrapo,a moucha repoucha, a raposa chistosa, o lobicán pillabán ,o oso goloso.Ela invita a todos a sentarse pero non conseguen comer o pastel porque sempre chega alguén máis, ...
É unha adaptación de Eva Mejuto a partir dun conto
popular ruso e ilustrado por Sergio Mora.
Conto acumulativo que nos permite traballar os cardinais e ordinais, os tamaños, cálculo
mental, rimas, repeticións,............
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


