Hoxe celebramos oDía Mundial dos Océanos. O
obxectivo é recordar o papel dos océanos na nosa vida cotiá, as accións para
protexer o océano e utilizar os recursos mariños dunha maneira sostible.
Os
océanos, verdadeiros pulmóns do planeta, son unha fonte importante de alimentos
e mediciñas e unha parte esencial da biosfera .
Video sobre a importancia
dos océanos
O lema deste ano 2020 é“Innovación para un océano sostible”.
Os residuos e o lixo, fundamentalmente
plásticos, que circulan polas superficies e que son arrastrados as súas
profundidades están a ocasionar un impacto sobre os ecosistemas mariños, a
fauna e sobre a nosa propia vida.
-Nos
últimos 40 anos, a cantidade de lixo mariño -só na capa superficial- aumentou
en máis dun 100%.
-O
plástico representaentre o 60 e 90% de
todos os refugallos mariños, coa particulariedade de que este material tarda
máis de 400 anos en descompoñerse no medio mariño.
-Calcúlase
que 13 millóns de toneladas de residuos plásticos acaban nos océanos cada ano, cifra
que equivale a verter no mar un camión de lixo cheo de plástico cada minuto. O
85% do lixo marítimo ten a súa orixe en terra.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS (Preme nas imaxes)
PLASTICUS MARITIMUS.Unha especie invasora
Escrito
por Ana Pégo e Isabel Minhós Martíns. Ed. Kalandraka
É unha fermosa guía de campo para concienciar sobre a contaminación
por plástico e sensibilizar para un uso racional do mesmo
XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
Escrito por Rosa Aneiros, ilustrado por Andrés
Meixide, Premio Merlín de Literatura Infantil 2019. Ed. Xerais.
Unha aventura para
poder salvar os océanos, na que os personaxes emprenderán a dura tarefa de
atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.
O LIBRO DOS OCÉANOS
Escrito por Esther Gonstalla. Catroventos
Editora.
Un retrato detallado que nos
permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e
os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se
converte nun recurso para a acción.
INVENTARIO ILUSTRADO DOS MARES
Escrito por Virginie Aladjidi. Ed. Kalandraka
Unha guía da rica biodiversidade
mariña que reúne un centenar de animais e plantas, algúns en perigo de
extinción.
Este é o resultado das propostas que plantexamos para facer os maios e as coplas. Uns maios diferentes e confinados feitos con materiais diversos, de reciclaxe,... que tiñades nos vosos fogares.
Bibliotecas Escolares publica a guía 15 anos de LIX Galegana que se recolle unha
selección dos libros que tiveron unha maior presenza nas bibliotecas escolares
galegas nestes primeiros quince anos do PLAMBE, que acompañaron ao alumnado
galego no seu paso pola escola e polo instituto neste período e que,
finalmente, teñen o recoñecemento das lectoras e dos lectores galegos.
Non están todos pero todos os que están son referentes de
lectura e forman parte do imaxinario do lector e da lectora que foi medrando
xunto coa rede de bibliotecas escolares galegas.
Son títulos que tiveron recoñecemento a nivel
galego, a nivel estatal e a nivel internacional. GUÍA 15 anos de Lix Galega DÍPTICO FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES
Unha das
actividades que plantexamos para a Semana da Letras Galegas foi facer entre todos
e todas O Muro das Palabras Xeitosas utilizando tetrabriks como base e creando
no mesmo unha Palabra en Galego que para nós fora especial. Este é o resultado das vosas aportacións. Moitas grazas pola vosa participación!!!
O obxectivo é concienciarnos sobre a importancia dos museos como medio de intercambio
cultural, o enrequecemento das culturas, así como para o desenrolo da comprensión
mútua, da colaboración e da paz entre os pobos.
Ante a situación de pandemia a celebración organízase con actividades
virtuais e en liña.
(Preme nas imaxes)
Percorrido polos Museos de Galicia con actividades diversas.
No Gaiás, Cidade da Cultura, Día dos Museos 2020, fan un percorrido
por diferentes proxectos expositivos.
No Museo de Arte Contemporánea de Vigo, MARCO, celebran esta data cun programa de actividades en rede, dirixidas a distinto
público co tema desta edición.
Composto por un conto, varios temas musicais
e unha unidade didáctica elaborado pola coordinadora de Equipas de
Normalización Lingüística de Ferrolterra e Edicións Embora.
Preme na imaxe para ler o conto
Relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero cedido por
Edicións Embora que narra un feito
anecdótico da infancia do autor.
Aínda que todos os días son días en galego, para nós Maio é o Mes das Letras. A figura homenaxeada o 17 de maio, Día das Letras Galegas 2020, é o escritor RICARDO CARVALHO CALERO
Nas seguintes ligazóns atoparedes
materiais e recursos para coñecer a súa vida e obra.(Preme nas imaxes)
Chegou a primavera e con ela os maios e, aínda que en confinamento, é o seu momento.
“A Festa dos Maios é a festa da primavera, ben sexa da súa chegada, ben do seu trunfo. Significa o reverdecer das prantas , o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver o sol por riba do horizonte e coller altura e forza". Vicente Risco.
O noso vídeo sacando os personaxes dos libros a pasear vai aumentando!
No noso barrio, dentro destes edificios, estades vós lendo o voso libro favorito. Só tedes que pasar o rato por enriba e buscarvos (aumentade a foto para vela mellor).
Se aínda nos nos mandastes a vosa foto lendo un libro ou sacando os seus personaxes a pasear podedes facelo ata o xoves 30. Moitas grazas pola vosa participación!!!
E
por fin chegou oDía do Libro e xa temos
unha pequena mostra das fotos que nos fostes enviando para celebrar este día. O vídeo definitivo
tardará uns días, así que podedes seguir enviando máis.
Vídeo
“Disfrázome do meu personaxe de conto”
Grazas pola vosa participación!!!!
Tamén
temos unha sorpresa, a profe Carmen preparou este agasallo para todos e todas.
Agardamos que vos guste!!!!
Hoxe cumprense 50 anos desde que se celebra o Día Internacional da Terra. O promotor deste día foi Gaylord Nelson, que decidiu
instaurar este día para concienciar á poboación dos problemas que nos afectan
en torno a contaminación, a conservación do medio ambiente e a necesidade de coidar o noso planeta e promover a armonía entre natureza e planeta.
O noso proxecto anual está centrado en “Cambiar o
mundo” polo que ao longo deste curso traballamos sobre coidado do medio ambente,
reducir, reciclar e reutilizar, xestión de residuos,…
Deixamos unha pequena mostra dos traballos que
realizaron coas propostas das mochilas viaxeiras sobre Arte reciclado.
Podedes facer manualidades e marcapáxinas con materiais de refugallo que teñades por casa.
O
vindeiro xoves 23 de Abril, celebramos o Día do Libro e queremos propoñervos a todos e todas, alumnado, familias e profesorado que participedes para poder
celebrar esta data dunha maneira diferente e especial.
Facemos
dúas propostas:
1.-Faite
unha foto lendo o teu libro favorito.
2.-Saca
aos personaxes dos contos a pasear. Disfrázate do personaxe do teu conto ou
libro preferido.
Enviade
as vosas fotos ao seguinte enderezo
electrónico Bibliotecaseisdonadal@gmail.com Con todas elas faremos unha montaxe que publicaremos no blogue. Animádevos!!!
Achégase oDía Mundial do Libro e do Dereito de Autor,
en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e
formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de
2020.
Acudiuse,
como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual,
neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de
difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura
e que nos agasalla esta evocadora afirmación:
,
"Cada libro que lemos queda gardado no noso
peito como semente, paxaro ou xabarín"
Que a
primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas
lecturas!