Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas Igualdade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lecturas Igualdade. Mostrar todas las entradas

7 mar 2026

LECTURAS PARA O 8M

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a biblioteca propón unha selección de libros que nos axudan a reflexionar sobre a igualdade. A través destas historias coñecemos nenas e mulleres valentes que loitan polos seus soños e rompen estereotipos.

Estas lecturas transmiten valores como o respecto, a igualdade de oportunidades, a liberdade e a importancia de recoñecer o papel das mulleres na sociedade. 

Porque os libros non só contan historias tamén nos axudan a aprender, a pensar e a construír un mundo máis xusto e igualitario.

Lecturas para o 8M de Biblioteca Seis do Nadal

25 nov 2025

25N NO SEIS DO NADAL

Baixo o lema "Faremos maxia de verdade con amor e igualdade", o centro celebrou o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cun conxunto de actividades que uniron creatividade, reflexión e compromiso.

Na biblioteca preparouse unha selección de lecturas para ler, pensar e reflexionar sobre a igualdade, o respecto e a convivencia. Libros, contos e biografías de mulleres inspiradoras encheron os andeis, convidando a descubrir historias que falan de forza, liberdade e esperanza.

Cada clase participou decorando un paraugas violeta. Empregando a cor branca e violeta, e técnicas diversas- témperas, fíos, teas-, os paraugas convertéronse en pequenas obras de arte cheas de mensaxes, símbolos e datos históricos.

O acto colectivo tivo lugar na pista de baloncesto. Vestidos cos petos violetas, o alumnado formou círculos arredor dos paraugas, que se colocaron no centro como símbolo de unión e protección. O momento culminou coa lectura do manifesto a cargo dos pregoeiros e pregoeiras do Seis, lembrando que a igualdade constrúese cada día, con palabras, con xestos e con amor. 

Unha xornada chea de emoción, cor e compromiso, na que o Seis fixo maxia de verdade: a maxia de crer nun mundo máis xusto e igualitario.

1 dic 2024

25N NO SEIS DO NADAL

“Tecendo redes coa igualdade” foi o lema que centrou as actividades e o acto colectivo que se desenvolveu para esta data, 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller.

Selección de lecturas que tivemos en exposición para ler, pensar e reflexionar.

Xa na pista e cos nosos petos violetas formamos círculos bailando e cantando a canción “Abre as xanelas” de Lupe Ces e Raquel Domínguez, co retrouso en lingua de signos.

Cada clase decorou os banderíns con elementos de mulleres artesáns empregando diferentes materiais  que recollen a súa importancia nos oficios tradicionais.

10 mar 2024

DÍA DA MULLER 2024

Con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, organizamos diversas actividades:

Exposición temática cunha selección de “Lecturas en feminino”, con biografías sobre mulleres científicas, escritoras, valentes, pioneiras, fortes,... en diferentes eidos da sociedade e, libros nos que as mulleres e as nenas son protagonistas, que estiveron a disposición do profesorado para poder traballar con elas.

Cada aula realizou unha investigación sobre mulleres galegas que destacan no eido audiovisual seguindo o PDI deste curso: fotógrafas, cineastas, actrices, xornalistas...

A partir da información crearon un producto final (poster, vídeo, actividade plástico-visual...) que foi exposto no vestíbulo do centro.

Edº Infantil: Mary Quintero

1º Primaria: Sofía Casanova e Mª Luz Morales
2º Primaria: Cándida Otero Fontán
3º Primaria: Mabel Rivera e Dorotea Bárcena
4º Primaria: María Pujalte, Chelo Loureiro e María Castro
5º Primaria: Mercedes Mariño e María Casares
6º Primaria: Sofía Casasnovas e Cristina Castaño

27 nov 2023

25N NO SEIS DO NADAL

“Nos medios de comunicación, a igualdade é única opción” foi o lema que centrou as actividades e o acto colectivo que se desenvolveu para esta data, 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller.

Selección de lecturas que tivemos en exposición para ler, pensar e reflexionar.

Xa na pista e cos nosos petos violetas formamos círculos bailando e cantando a canción "Tribo" de A banda da Loba, co retrouso en lingua de signos.

Cada clase decorou as letras do lema con símbolos relacionados coa igualdade (mans, lazos…) que se colocaron no exterior do centro.

As aulas representaron a nivel gráfico a igualdade na fotografía, no cine… seguindo o Proxecto Documental deste curso.

A Comunidade Educativa do Seis berramos NON a violencia machista!!!


11 mar 2023

ESCRIBINDO O 8M

Ao longo desta semana con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, realizamos diversas actividades e achegámonos ao coñecemento de mulleres que cambiaron o noso futuro grazas as súas aportacións en diferentes ámbitos das STEAM.

Cada aula investigou sobre unha muller vinculada a temática do noso proxecto documental e crearon un acróstico co seu nome realizando unha composición plástica.

Exposición temática cunha selección de lecturas sobre mulleres valentes, pioneiras, fortes,... que estiveron a disposición do profesorado para poder traballar con elas.

Visita do Comando Igualdade formado por alumnado do IES Alexandre Bóveda. Impartiron unha charla a 6º de Primaria na que nos explicaron como se pode formar parte del, cando se reúnen e, o máis importante, o que fan, xa que este dedica un ratiño a semana a falar sobre temas de igualdade que poden ser dende problemas que estean vivindo ou que observan no seu entorno para axudarse e escoitarse.

Xincana da Igualdade en Edº Infantil, na que realizamos diferentes xogos sobre mulleres deportistas.