Mostrando entradas con la etiqueta Día das Artes Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Artes Galegas. Mostrar todas las entradas

1 abr 2020

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2020


O día 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, un acontecemento  instituído pola Real Academia Galega de Belas Artes. No ano 2020, o homenaxeado é o arquitecto DOMINGO DE ANDRADE (Cee, A Coruña, 1639 - Santiago de Compostela, 1712).

O cartel conmemorativo, realizado polo académico Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade obra de Felipe Criado e conservado na Facultade de Xeografía e Historia compostelá. 
Aínda que a maior parte da súa obra podemos vela en Compostela, fora dalí tamén deixou a súa pegada en Lugo e Ourense. 
Entre as súas obras destacan a Torre do Reloxo e o Pórtico Real da Quintana da Catedral de Santiago. A escaleira de caracol do convento de San Domingos de Bonaval, a Casa da Parra e a Casa da Conga. Ademais, fora de Compostela realizou, entre outras, a sala capitular e a sancristía da Catedral de Lugo.  

29 mar 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019: LUÍS SEOANE


O día 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, un acontecemento instituído pola Real Academia Galega de Belas Artes. No ano 2019, o homenaxeado é o pintor LUÍS SEOANE.
Para celebralo, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia realizará unha Xornada de Portas Abertas.

A  Rede do Patrimonio Cultural, conscientes de que o mellor camino para a conservación do Patrimonio é o coñecemento, confeccionou un documento sobre a figura de Luís Seoane para os centros educativos, elaborado por  Rosa Espiñeira Pan.

Cartel día das artes galegas para infantil (Ficha do cadro “As Mariscadoras”).

Cartel Luís Seoane.

Máis información nas seguintes ligazóns:

-Unidade didáctica Luís Seoane polo Ceip "Juan Fernández Latorre" para primaria.

-Fundación Luís Seoane
-Museo de Belas Artes de A Coruña