Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía 2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía 2016. Mostrar todas las entradas

27 feb 2016

POSTAIS NO DÍA DE ROSALÍA

Todo o centro participou na proposta da AELG (Asociación de escritoras e escritores en lingua galega) para conmemorar o Día de Rosalía  ilustrando unha postal cun debuxo sobre unha estrofa de Alborada (Cantares Gallegos) que o alumnado entregou as súas familias como agasallo rosaliano o día 24 de febreiro.









 Unha presentación das postais e do proceso


22 feb 2016

PREPARANDO O DÍA DE ROSALÍA

As propostas sobre as que estamos traballando  para conmemorar o Día de Rosalía  son:

Exposición de libros na biblioteca
Recitado  do  poema "Adios ríos, adios fontes" na  Hora de ler o día 24 por parte do alumnado axudante de biblioteca e o club de lectura.

Entrega dun folleto informativo para as familias sobre a súa vida e obra
Pescudamos sobre Rosalía Investigo na miña biblioteca:
"Eu quero saber máis sobre....."
Seguindo a proposta da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega AELG, escribimos e decoramos unha postal cun verso e un debuxo alusivo  a Rosalía que o alumnado entregará a súa familia como agasallo o día 24.
Ese mesmo día, os alumn@s que fagan empréstito de libros en galego serán agasallados  cun  marcapáxinas.
Pin co rostro da poetisa
Mural cos retratos de Rosalía ao estilo Andy Warhol feitos polos nenos  e nenas de educación infantil.

16 feb 2016

24 DE FEBREIRO,DÍA DE ROSALÍA

O  24 de Febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Esta data  está fixada no Calendario do Libro e da Lectura como  aniversario do nacemento da nosa ilustre poetisa.
A AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), ademais de animar a agasallar un libro  en galego e unha flor  convida a celebrar esta data nos centros de ensino con accións colectivas para difundir a súa obra . Propón a elaboración e envio dunha postal cun deseño alusivo ao día e cun verso para que o alumnado realice un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro.
Para coñecer  a súa vida e obra  deixamos unha recompilación de recursos e materiais para así achegarnos máis a ela.
Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro
Recompilación da Biblioteca "Outeiro de Matilda"
Lim do Ceip "Alexandre Bóveda"
Lim basado no libro "Rosalía" editado 
pola Fundación Rosalía de Castro
Lim sobre o poema  "Parece unha rosa"
Presentación en prezzi do Ceip de Andrade
Fundación Barrié
Recompilación de poemas musicados  Son  de  poetas