Mostrando entradas con la etiqueta Día da Narración Oral. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Narración Oral. Mostrar todas las entradas

20 mar 2026

DÍA DA NARRACIÓN ORAL

No Día Internacional da Narración Oral, conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos.


Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. 

Festival Atlántica, Sete Falares e NOGA (Narración Oral Galega) celebran xuntos esta data.

Nesta edición, o manifesto realizouno Camiño Noia e o cartel é de Rachel Boo.


"Celebrar o «Día da Narración Oral» servirá para revitalizar o que as nosas maiores transmitiron desde hai séculos de xeración en xeración, dar voz ó que non foi contado e recordarnos que todos os pobos do mundo comparten o vínculo universal nos mesmos contos, cos mesmos valores, sentimentos, medos e gozos".

FONTE: NOGA E BIBLIOTECAS ESCOLARES

19 mar 2024

DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL

No Día Internacional da Narración Oral, conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos.

Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia no ano 1991 e, aos poucos fóronse engadindo outros países. 

Festival Atlántica, Sete Falares e Colectivo Narración Oral Galega (NOGA) celebran xuntos esta data.

A narración oral é unha arte escénica de pequeno formato que está presente en todas as programacións de xeito diario en Galicia.

Nesta edición, o manifesto realizouno Paula Carballeira, escritora, actriz, dramaturga e unha das pioneiras da narración oral.

No texto convídanos a contar e a ser parte da historia, a ser inmortal… “se queres”.

20 mar 2023

DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL

No Día Internacional da Narración Oral, conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos.

Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. 

Festival Atlántica, Sete Falares, Falando a Boca Chea e NOGA celebran xuntos esta data.

Nesta edición, o pregón realizouno o narrador José Campanari e lémbranos que o misterio que gardan as historias segue voando polos aires e nos permite ver a vida desde distintas perspectivas. Descúbrenos que hai outros mundos por coñecer. Móvenos a reflexionar sobre as cousas importantes da vida.

O visto, o vivido, o escoitado, o lido forman parte dese repertorio de contos, historias, anécdotas e lembranzas doutros tempos que se comparten de maneira oral acotió.

Fainos gozar dunha viaxe polas emocións da man de mulleres e homes que dedican a súa vida a explorar esta arte de contar historias de viva voz. Profesionais que viaxan polo mundo partillando o son das palabras para que persoas de todas as idades sigamos vivindo e soñando ben espertas.

16 abr 2022

O VOLUNTARIADO TEN A PALABRA

Para conmemorar o Día da Narración Oral e da Poesía, propuxemos ao voluntariado da biblioteca unha actividade con contos rimados/en verso a realizar, na Hora de Ler, do 30 de marzo ao 8 de abril para todo o centro.

O equipo de biblioteca fixo a selección de lecturas: O pirata Pata de Lata, Ovelliña, dáme la, A Cebra Camila, Marcelina en la cocina, Bo camiño, Valentiño!, Rata linda de Compostela, Dez gatiñas viaxeiras e Once damas atrevidas.

Despois reunímonos con todo o voluntariado, divididos en grupos (respetando o protocolo) escolleron o que ían contar, para empezar a organizarse e ensaiar.

Na súa posta en escea empregaron marionetas, disfraces, materiais diversos,….

Ao remate de cada contada entregáronlles ao alumnado un agasallo , para degustar, cunha frase vinculado a cada unha das lecturas (moedas de chocolate, corazóns de gominola,….).

Fixérono xenial!!! Grazas polo voso traballo!!!

19 mar 2022

DÍA MUNDIAL DA NARRACIÓN ORAL 2022

O DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos. 

Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia no ano 1991 e, aos poucos, fóronse engadindo outros países.

A narración oral é unha arte escénica de pequeno formato que está presente en todas as programacións de xeito diario en Galicia. 

Unha enquisa entre os integrantes do colectivo NOGA (Narradores Orais de Galicia) así o deixa claro: non hai día no que nalgún lugar da xeografía non estea un/unha narrador/narradora contando historias.

O 20 de marzo, unha trintena de espectáculos vanse desenvolver en múltiples puntos de Galicia grazas á colaboración cos festivais Sete Falares de Pontevedra e Falando a Boca Chea da Coruña e mais os integrantes do colectivo NOGA.


Unha vintena de artistas espallaranse por varias cidades e vilas do país para celebrar a arte máis antiga do mundo.


Entre os artistas participantes figuran Raquel Queizás, Dani Blanco, Cristina Collazo, Charo Pita, Pablo Díaz, Anxo Moure, Servando Barreiro, Candido Pazó, Quico Cadaval, Sole Felloza, Paula Carballeira, Tarabelos, Pavís Pavós, Baobab, Migallas e Polo Correo do Vento.

Nesta edición, o escritor, investigador e creador da web Galicia EncantadaAntonio Reigosa é o autor do Manifesto, un texto que chegará aos centros de ensino, bibliotecas e concellos para lembrar nestes tempos tan especiais a importancia e a necesidade das historias a viva voz, o encontro cos outros para celebrar a memoria, a identidade e a lingua.

24 mar 2021

CONTOS CON ANXO MOURE

Para conmemorar o Día da Poesía, dos Bosques, da Auga e da Narración Oral, o luns 22 de Marzo, recibimos a visita do escritor e contacontos ANXO MOURE, por xentileza do Consorcio Editorial Galego.

A actividade de animación á lectura realizouse no espazo exterior do centro cumprindo co protocolo Covid.

A posta en escea, fixo espertar a curiosidade dos nenos e nenas, con contos e historias do carballo con botas, de ríos e xacias, de lobos, do monstro do lume, de árbores,…transmitíndonos mensaxes de coidado da nosa contorna, respecto polo medio ambente, necesidade da reciclaxe, amor pola natureza e esperanza no futuro.

Con Anxo, rimos, rimamos e aprendemos a abrazar ás árbores.

Da súa terra, Chantada, trouxo dous acivros que prantaremos no noso xardín.

Grazas, por estos momentos de emocións, sentimentos e poesía!!!!

Anxo é autor dos libros: 

E forman parte do proxecto  Contos Solidarios

(Preme na imaxe)

20 mar 2021

DÍA DA NARRACIÓN ORAL

No Día Internacional da Narración Oral conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos.

Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia no ano 1991 e, aos poucos, fóronse engadindo outros países.

A narración oral é unha arte escénica de pequeno formato que está presente en todas as programacións de xeito diario en Galicia. Unha enquisa entre os integrantes do colectivo NOGA (Narradores Orais de Galicia) así o deixa claro: non hai día no que nalgún lugar da xeografía non estea un/unha narrador/narradora contando historias.

Nesta edición, a escritora Fina Casalderrey é a autora do Manifesto, un texto para lembrar nestes tempos tan especiais a importancia e a necesidade das historias a viva voz, o encontro cos outros para celebrar a memoria, a identidade e a lingua.

Quen nos cativou algunha vez cun deses contos que nos abrazou, nos sorprendeu e nos sacudiu as emocións todas multiplicando as nosas endomorfinas gozosas? Quizais foi esa mestra que deu coa fórmula máxica para que fósemos á escola felices? O pai que deitou palabras doces no noso oído para borrarnos un pesadelo? Foi acaso a avoa que manexa os rudimentos do narrador de maneira natural para nos desvelar historias do noso rico folclore, as mesmas que ela recibira noutrora da súa avoa onda o lume morno dunha lareira? Talvez foi un narrador ou unha narradora profesional, capaz de sucar os mares e derrubar fronteiras coa autoridade de quen domina os segredos da oralidade? Ben seguro que se trata de alguén que nos ama, pois, como diría o gran contador galego Xabier P. Docampo, “contar é o acto de amor máis sublime que un ser humano pode realizar”.

Hoxe, 20M de 2021, imaxino un despregue apoteótico de afectos, de historias marabillosas, vellas e novas, coñecidas e inéditas, de risa, de medo, de amor, de intriga… voando alto, cal aves migratorias, por riba de todos os tellados e de todas as pandemias do planeta —dende Suecia a Australia, dende Galicia ao resto de España, a Canadá, México…—, pousando nos teatros, nas escolas, nos hospitais, nas rúas, nas casas… o seu poder de sedución para entraren polos cinco sentidos de milleiros e milleiros de nenas e nenos, vacinándoos contra todo o feo, sementando no seu espírito as máis ricas e variadas sensacións, esas que fan soñar grande.

Neste xusto instante, nun punto minúsculo do mapa de Galicia, unha nena de ollos preguntóns chamada Sofía abre fascinada as portas ao mundo da narración oral. A piques de cumprir catro meses de vida —e despois de escoitar na voz que a aleita os primeiros contos de lobos e raposos, mouras de longos cabelos que se peitean con peites de ouro, serpes encantadas e carapuchiñas, parrulos feos… —, Sofía experimenta o pracer de ser ela quen balbuce o máis fermoso dos relatos como agasallo á súa nai. Ambas as dúas, felizmente sorprendidas, míranse aos ollos nunha danza única. A nai déixase levar polo entusiasmo da pequena contadora e comproba que o mundo enteiro cabe nas pupilas excitadas de Sofía, a nena que cos seus balbucidos emprende os primeiros voos na arte de narrar. Ese privilexio!

Contar e escoitar, crear mundos… é unha necesidade perenne do ser humano dende o comezo dos tempos e das idades.”