Mostrando entradas con la etiqueta Impresión 3D. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Impresión 3D. Mostrar todas las entradas

5 mar 2025

OBRADOIRO DE DESEÑO DE XOIAS 3D

Neste mes de febreiro, o alumnado de 3º EP puido achegarse ao fascinante mundo da xoiería. 

A XOIARÍA antes e agora de MariaJo

O primeiro paso foi descubrir o proceso tradicional de deseño dunha xoia artesanal, para a continuación descubrir como na actualidade este oficio vai cambiando coa incorporación de ferramentas de deseño e impresión 3D.


Despois, chegou o momento de experimentar facendo os seus propios deseños de colgantes cun programa de deseño 3D e empregando símbolos celtas, moi típicos na artesanía galega. 

Unha vez rematadas as súas creacións, eliximos algúns deseños e imprimimos un modelo para cada alumno. 

24 abr 2023

CONTACONTOS ROBÓTICO

Con motivo da celebración do Día do Libro o alumnado de 2ºEP puido desfrutar dun contacontos un tanto especial, un contacontos robótico

Foi o propio protagonista, Curiosity, quen con axuda do alumnado contou a súa historia e algún que outro segredo; e para iso, por quenda os/as rapaces/as conduciron o mBot (Curiosity) ata cada unha das estacións nas que se atopaban as instrucións para realizar o conto. 


Ademais, ao final da historia agardábaos unha sorpresa: unha maqueta 3D de Curiosity e un novo reto, descubrir que novo robot chegou no 2021 a Marte para axudarlle na súa misión.

7 feb 2023

OBRADOIROS DE ROBÓTICA POLO MES DA PAZ

Durante esta semana na BiblioLab estivemos realizando diversos obradoiros de robótica cuxo nexo común foi a Paz e os seus símbolos.

En Infantil traballouse o pensamento computacional a través da programación de robots coma o ozobot e o escornabot.


A rapazada de 1º de Primaria, tras un breve conto titulado "A Paz mola un montón", deseñou un videoxogo no que tiñan que ir recollendo símbolos da Paz. Para iso, primeiro fixeron o prototipo en papel e despois cunha app convertírono en videoxogo.


Por outra banda, o alumnado de 4º de Primaria, convertéronse en deseñadores 3D é coa axuda do programa Doodle3D deseñaron colgantes cos símbolos da paz, que posteriormente imprimimos.


As clases de 5º de Primaria, achegáronse as aulas do futuro a través da creación dun holograma que tivo como protagonista a pomba da Paz.


Finalmente en 6º de Primaria o alumnado usou o programa Scratch e a placa Makey Makey para tocar o Himno da Alegría.


A continuación podedes ver un vídeo resumo das actividades descritas.


5 jun 2021

OBRADOIROS CREATIVOS

As clases de cuarto, ao longo do curso, realizaron varios obradoiros de Biblioteca Creativa: robótica, deseño e impresión 3D, escornabots,…

Durante o primeiro trimestre, centrámonos na montaxe e desmontaxe dos Mbot, así como na aprendizaxe de programación coas tabletas con app, como Lighbot e Scracht.

No segundo trimestre, na biblioteca, organizamos tres zonas, nos que cada semana o alumnado rotaba. En cada zona, tiñan dous retos a lograr coas temáticas de Bolígrafo 3D, escornabots e Mbot.

Para rematar, no terceiro trimestre, deseñaron nas tabletas, as súas creacións co programa Tinkercad. Despois de pasar as creacións polo programa Ultimaker Cura, imprimímolas na impresora 3D.

1 jun 2021

BIBLIOTECA CREATIVA: IMPRESIÓN 3D

Continuamos, por segundo ano, no programa de Biblioteca Creativa. Coa dotación económica, adquirimos unha impresora 3D e bolígrafos 3D. 

O primeiro que fixemos foi formación, recibida por Luis, do Centro Gallego de Robótica Educativa. Durante varios días, ensinounos a todo o profesorado a deseñar os nosos proxectos e, a utilización e mantenemento da impresora 3D.


Despois de recibir esta interesantísima formación puxémonos mans a obra, deseñamos chaveiros para agasallar ós autores/as e colaboradores/as que viñeron ao centro durante este curso. Estes chaveiros tamén serviron de agasallo para o alumnado participante na actividade “Un mes – Un reto”.

Imprimimos repostos para os nosos escornabots, sobre todo, rodas para que non paren de camiñar.

Formamos ao noso alumnado no programa Tinkercad e botándolle creatividade, deseñaron con toda a súa imaxinación o que quixeron. Nestas fotos podedes ver algúns deseños.

O alumnado de Infantil e Primeiro, con este mesmo programa, na PDI, debuxaron as súas bolboretas para celebrar os Maios, que despois demos vida na impresora. Foi alucinante!!!

E así, pouco a pouco, seguiremos creando!!!